InicioSANTIAGOO destino definitivo das estatuas de Abraham e Isaac será o Museo...

O destino definitivo das estatuas de Abraham e Isaac será o Museo do Pobo

Tal e como anunciou a alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, nunha rolda de prensa este venres, leste foi o lugar escollido tras valorar diferentes opcións con persoas expertas e diversas institucións

Publicado o

Xornal de Compostela

O Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela foi o lugar elixido para albergar de forma definitiva as estatuas do Mestre Mateo, que volveron á capital galega o pasado mes de decembro tras 70 anos en propiedade da familia do ditador Francisco Franco.

Tal e como anunciou a alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, nunha rolda de prensa este venres, leste foi o lugar escollido tras valorar diferentes opcións con persoas expertas e diversas institucións. Un proceso que, destacou, contou con “moita participación e de gran calidade”.

Todo iso, rexeuse co obxectivo de garantir unha lectura dobre destas obras, relativas ao seu valor histórico e artístico e tendo en conta a lectura que ten que ver coa memoria do espolio e de todo o proceso de recuperación.

“O lugar debe permitir ese dobre obxectivo e pensamos que para iso o mellor é facelo nun espazo aberto a toda a cidadanía, nun espazo que poida simbolizar estar próximo efectivamente de todo o mundo. Por iso entendemos que o mellor sitio é o museo”, xustificou.

Concretamente, as estatuas de Abraham e Isaac colocaranse na nova á do edificio, de titularidade municipal, que albergará ademais outras pezas importantes dos fondos composteláns.

“MOITOS DEBERES FEITOS”

Goretti Sanmartín subliñou que este é un peche para un curso político que contou con “moi boas noticias” e “moitos deberes feitos”. Neste contexto, a mandataria local referiuse a outros obxectivos “conseguidos” como a declaración de zona de mercado residencial tensionado, a adxudicación do contrato de transportes ou a constitución do Foro de Turismo Sustentable.

Tamén, a alcaldesa compostelá celebrou a decisión de Wizz Air de establecer unha nova base operativa no Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro (SCQ), que establecerá rutas directas a Roma (Italia) e Varsovia (Polonia).

“O que significa a creación de postos de traballo directos e indirectos e a posibilidade tamén de que haxa máis facilidade para que haxa voos á primeira hora de mañá, unha vez que durman aquí os avións”, apuntou, detallando que isto será efectivo a partir de febreiro, aínda que previamente, en decembro, xa estarán listas as conexións.

Así, Sanmartín puxo en valor esta novidade, que permitirá continuar na liña do obxectivo do Goberno compostelán: a diversificación de rutas, destinos e compañías, para non establecer dependencia de ningunha en exclusiva. A maiores, buscan desestacionalizar o turismo e que non se limite aos meses de verán.

ÚLTIMAS

Saleta Chao toma posesión como concelleira de Facenda de Santiago

Saleta Chao Rivas (BNG) incorpórase dende hoxe á Corporación municipal de Santiago de Compostela...

O pleno aproba unha moción do PP para reforzar o control do servizo de axuda no fogar e mellorar as condicións das traballadoras

O Pleno do Concello aprobou este luns unha proposición presentada polo Partido Popular para...

O PSdeG denuncia que dous alumnos do CEE A Barcia non poden asistir ás clases por falta de transporte adaptado

O secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, denunciou este...

As non adscritas apoian a ILP Lingua Vital e levarán ao Pleno de Santiago unha moción para defender o galego

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago formalizaron o seu apoio á Iniciativa Lexislativa...

(VÍDEO) Para historia de terror, a que Compostela ten baixo terra en Boisaca

A historia imaxinada dá paso aos feitos documentados. Segundo os datos recollidos polo proxecto...

Cineuropa celebra os seus 40 anos en Santiago con máis de 150 películas, retrospectivas e homenaxes ao cinema internacional e galego

O festival Cineuropa cumprirá 40 edicións cunha programación de máis de 150 películas repartidas...

Mar Lorenzo é reelixida decana de Ciencias da Educación da USC para os próximos seis anos

A Facultade de Ciencias da Educación da USC continuará baixo a dirección de Mar...