InicioSOCIEDADEO TSXG dálle a razón ao Concello de Santiago na regulación de...

O TSXG dálle a razón ao Concello de Santiago na regulación de pisos turísticos

Publicado o

Xornal de Compostela

Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para prohibir a instalación de pisos turísticos na zona vella e nas rúas próximas. Ademais, establecía limitacións en barrios como o Ensanche.

Segundo lembrou a voceira do Goberno local, Míriam Louzao, Aviturga presentou un recurso ese mesmo ano, admitido polo TSXG, que fundamentou na falta de informes da Dirección Xeral de Aviación Civil (DGAC) e da Delegación do Goberno. Así mesmo, a entidade referíase á falta de motivación para definir a actividade de vivenda de uso turístico como actividade de hospedaxe, ao considerala unha intromisión en competencias autonómicas.

A Sala rexeitou todos estes fundamentos e resolveu que eses informes non eran preceptivos porque a modificación do PXOM non altera as determinacións do plan vixente en materia aeronáutica nin tampouco queda claro en que podería afectar a falta do informe da Delegación do Goberno. Con todo, concluíu que a asimilación das vivendas de uso turístico ao uso de hospedaxe é a axeitada e axústase á normativa.

Agora, unha vez rematado o prazo para presentar un posible recurso de casación, a sentenza foi xa declarada firme mediante un decreto do 25 de xuño.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...