InicioPOLÍTICASeis meses de prisión para o ex edil de Medio Rural de...

Seis meses de prisión para o ex edil de Medio Rural de Sánchez Bugallo polo caso Desproi

Publicado o

Xornal de Compostela

O que foi concelleiro de Medio Rural do Concello de Santiago de Compostela entre 2019 e 2023, José Manuel Pichel, compareceu este luns ante a sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra para ratificar o acordo acadado entre Fiscalía e as partes no caso Desproi. Con iso, admitiu os feitos que se lle imputan e aceptou seis meses de prisión polo alugueiro dunha nave destinada a acoller servizos da concellaría que el dirixía a unha empresa da que formaba parte do accionariado.

Segundo se recolle no escrito de conformidade ratificado este luns, a entidade Desproi, na que o imputado exercía funcións de administración, era propietaria dun local no polígono de Costa Vella, na capital galega. Sendo Pichel concelleiro do goberno local, iniciou en 2021 as xestións para procurar un lugar no que situar as oficinas da súa concellaría, xa que ata ese momento se atopaban na hoxe desaparecida estación de autobuses. Así, os técnicos municipais elaboraron diferentes informes e propuxeron para este fin o espazo propiedade de Desproi no polígono de Costa Vella.

A continuación, na sesión da xunta de goberno local do 14 de setembro de 2021, o acusado votou a favor da proposta de alugar esas instalacións á empresa Desproi para acoller temporalmente os servizos de parques e xardíns e medio rural mentres se executaban as obras das novas instalacións, situadas no recinto feiral de Amio. Cando dimitiu dos seus cargos no goberno municipal que lideraba o socialista Xosé Sánchez Bugallo, Pichel declarou ter cometido un “erro considerable” ao “non lle comunicar ao alcalde nin ao resto da xunta de goberno” a súa participación en Desproi, aínda que, segundo el, o fixo “sen mala fe”.

En todo caso, tal e como sostén o escrito, estes feitos constitúen un delito de negociacións prohibidas aos funcionarios, castigado no artigo 439 do Código Penal. Por iso, o procesado aceptou unha pena de seis meses de prisión, unha multa de 10 euros diarios durante 12 meses e inhabilitación especial para emprego ou cargo público e para o exercicio do dereito de sufraxio pasivo por tempo de catro anos. A pena quedou suspendida coa condición de que non volva cometer un delito similar durante un período de dous anos.

SIN RESPONSABILIDADE DA XUNTA DE GOBERNO

No marco desta causa, a maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Santiago de Compostela tamén tomou declaración ao alcalde da cidade no período dos feitos, Sánchez Bugallo, e a membros da súa xunta de goberno, pero acordou o pasado mes de setembro o sobresemento respecto deles ao non ver indicios de prevaricación nin de tráfico de influencias.

“As irregularidades detectadas no expediente administrativo carecen da gravidade suficiente como para consideralas constitutivas dun delito de prevaricación”, apuntaba a maxistrada, que subliñaba que “carece de calquera xustificación chamar á causa en calidade de investigados” tanto a Bugallo como á súa xunta de goberno.

ÚLTIMAS

O TSXG dálle a razón ao Concello de Santiago na regulación de pisos turísticos

Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para prohibir a instalación de pisos turísticos na zona...

A Xunta e a Catedral destinan 1,4 millóns a reforzar a atención e a seguridade dos peregrinos en Santiago

A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, asinou este luns dous...

Rueda sobre a alcaldía de Compostela: “Cada vez vexo máis preto a Borja Verea como futuro alcalde”

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, dixo ter "aprecio persoal"...

As familias compostelás xa poden solicitar o servizo de comedor para o vindeiro curso escolar

As familias compostelás que queiran adherirse ao servizo de madrugadores ou comedor dependente do...

O TSXG dálle a razón ao Concello de Santiago na regulación de pisos turísticos

Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para prohibir a instalación de pisos turísticos na zona...

A Xunta e a Catedral destinan 1,4 millóns a reforzar a atención e a seguridade dos peregrinos en Santiago

A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, asinou este luns dous...

Rueda sobre a alcaldía de Compostela: “Cada vez vexo máis preto a Borja Verea como futuro alcalde”

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, dixo ter "aprecio persoal"...