InicioMOV. SOCIAISArelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A mobilización será o sábado 11 de xullo ás 12:30 fronte ao Concello e continuará cun xantar colectivo e actividades no Parque de Galeras

Publicado o

Xornal de Compostela

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo do Día Internacional da Visibilidade Non Binaria, unha mobilización que se celebrará o sábado 11 de xullo, ás 12:30, fronte ao Concello, na Praza do Obradoiro.

A entidade sairá á rúa baixo o lema “A liberdade non cabe no binarismo”, co obxectivo de reivindicar a existencia, a dignidade e os dereitos das persoas non binarias. A convocatoria busca facer visible unha realidade que, segundo traslada Arelas, precisa de máis respecto, espazo e recoñecemento social.

Desde a asociación sinalan que as identidades non binarias “non son un debate: son unha realidade que merece respecto, espazo e recoñecemento”. Con esta mensaxe, a concentración pretende reclamar unha maior presenza pública das persoas que non se identifican exclusivamente dentro das categorías binarias de home ou muller, así como avanzar na defensa dos seus dereitos.

A mobilización terá lugar nun espazo central da capital galega, fronte ao Pazo de Raxoi, sede do Concello de Santiago, e insírese no calendario de actividades arredor da diversidade afectivo-sexual e de xénero que se desenvolven durante estas semanas.

Tras a concentración, a xornada continuará cun xantar colectivo no Parque de Galeras, concibido como un espazo de encontro e convivencia. Arelas tamén prevé a realización de diferentes actividades e obradoiros ao longo do día.

Entre as propostas programadas figura a presentación da nova guía de linguaxe non binaria elaborada por Nee Barros e Alva Lourenço, así como un taller de regueifa e drag a cargo de O Rabelo e Meiga-i.

Cartaz – Arelas

ÚLTIMAS

A Xunta prevé licitar este ano a ampliación do Quiroga Palacios se Santiago desbloquea a cesión dos terreos

A Xunta de Galicia prevé sacar a licitación antes de que remate 2026 a...

Santiago autoriza a construción de 33 vivendas protexidas na rúa Manuel Ceruelo

O Concello de Santiago concedeu licenza á cooperativa Porto Sur para construír 33 vivendas...

O Maré traerá a Santiago a Aterciopelados, Omar Souleyman e Bia Ferreira na súa sétima edición

O festival Maré volverá a Santiago de Compostela do 23 ao 27 de setembro...

O Concello destina máis de 727.000 euros a mellorar os centros educativos durante o verán

O Concello de Santiago está a aproveitar o período sen actividade lectiva de xullo...

A Asociación Contra o Cancro abre as inscricións para a quinta ‘En Marcha Contra o Cancro’ de Santiago

A Asociación Española Contra o Cancro en Santiago de Compostela abre este luns o...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here