InicioSUCESOSOito feridos nun accidente múltiple en Santiago, entre eles varios alcaldes

Oito feridos nun accidente múltiple en Santiago, entre eles varios alcaldes

As oito tiveron que ser trasladadas ao hospital Rosaleda para un mellor exame, aínda que a maioría xa recibiu a alta.

Publicado o

Xornal de Compostela

Oito persoas resultaron feridas nun accidente múltiple con tres vehículos implicados en Santiago de Compostela. As oito tiveron que ser trasladadas ao hospital Rosaleda para un mellor exame, aínda que a maioría xa recibiu a alta. Entre os feridos están o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel; e a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández.

Os rexedores viaxaban nun dos vehículos xunto a outros membros da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño cando volvían dunha reunión. Segundo informou o 112, o suceso tivo lugar esta tarde na AP-9, ao seu paso pola capital galega, e nel víronse implicados un camión, unha furgoneta e un turismo.

O servizo de emerxencias recibiu a primeira chamada de alerta ás 14.30 horas. Foron varios os particulares que contactaron co 112 para informar da colisión múltiple, concretamente no quilómetro 72 da autoestrada. Ao lugar desprazouse o 061, os Bombeiros de Santiago de Compostela, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e efectivos de Protección Civil. Así mesmo, tamén foi alertado o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), por se fose necesaria a súa intervención.

ÚLTIMAS

Ferroglobe solicita ampliar un 30% a mina de Serrabal entre Vedra e Boqueixón

Ferroglobe, a antiga Ferroatlántica, iniciou os trámites para ampliar a superficie da mina de...

Santiago expón o seu modelo urbano ante unha delegación da Academia China de Ciencias Sociais

O modelo de cidade de Santiago de Compostela centrou este xoves unha reunión entre...

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

A luz queda restablecida no centro de Santiago tras unha avaría que afectou a uns 200 usuarios

A subministración eléctrica quedou completamente restablecida este venres no centro de Santiago despois dunha...

Dous feridos logo de envorcar o seu vehículo e quedar atrapadas no seu interior en Santiago

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nun accidente no coche co que circulaban por...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...