InicioSANTIAGOA CIG denuncia o "bloqueo" da mobilidade interna no CHUS tras catro...

A CIG denuncia o “bloqueo” da mobilidade interna no CHUS tras catro anos sen resolucións

O sindicato critica a xestión "caótica" mentres a área sanitaria desmente a parálise e asegura que os procesos seguen en marcha.

Publicado o

Xornal de Compostela

A CIG denunciou a través dun comunicado o “bloqueo” sistemático da mobilidade interna no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), advertindo ademais de que o persoal sanitario leva máis de catro anos sen que se resolva ningún proceso nesta materia. A central sindical destaca que o último procedemento pechado corresponde ao ano 2022 e lembra que non foi ata decembro de 2024 cando se aprobaron as novas bases reguladoras. Neste sentido, censuran o incumprimento do compromiso adquirido pola Dirección para executar o proceso antes do verán.

Desde a organización cualifican a xestión deste procedemento de “autoritaria e caótica” e critican que, co aval doutras organizacións sindicais, estean a adoptarse acordos en órganos que consideran non competentes para facelo. Aseguran ademais que esta situación provoca que persoas traballadoras con informes de saúde laboral vexan limitado o seu acceso a determinados postos de traballo, o que supón, ao seu xuízo, unha discriminación directa por razóns de saúde.

CIG-Saúde explica tamén que no mes de decembro do pasado ano resolveuse o proceso de mobilidade correspondente ao persoal de xestión e servizos, un colectivo que levaba tres anos esperando pola súa execución. Con todo, denuncian que quedaron excluídas categorías profesionais esenciais como as de mantemento. Así mesmo, aseveran que a dirección do centro unicamente se dedica a dilatar os prazos mentres mantén o “escurantismo” sobre os persoais, unhas listaxes que, segundo afirman, nin sequera foron facilitadas á representación legal dos traballadores a pesar de ser reclamadas en reiteradas ocasións.

MOBILIDADE EN MARCHA, SEGUNDO O SERGAS

Pola súa banda, a área sanitaria de Santiago e Barbanza, consultada por Europa Press, desmentiu frotalmente a información sindical, sinalando que o proceso, “lonxe de estar paralizada, está a levarse a cabo” con normalidade.

Fontes da administración informan de que xa se resolveu o proceso dos profesionais de Xestión e Servizos, fóra do apartado de Mantemento. Sobre esta categoría en concreto, aclaran que a recente toma de posesión do novo responsable da área marca a realización dun novo plan funcional que será o encargado de determinar as necesidades reais. Por outra banda, desde o Sergas destacan que os procesos restantes para o resto de colectivos sanitarios están totalmente abertos e avanzan que proximamente se procederá á publicación das listaxes definitivas.

ÚLTIMAS

Santiago activa a conta atrás para o Xacobeo 2027 a cen días do inicio do Ano Santo

O Xacobeo 2027 entra na súa conta atrás en Santiago de Compostela. A falta...

Carlos Toural asume o decanato de Ciencias da Comunicación e aposta por adaptar a Facultade á IA e ao novo ecosistema mediático

O profesor Carlos Toural Bran tomou posesión este martes 22 de setembro como novo...

O PSOE preguntará no Pleno polas medidas para ordenar as colas na contorna da Catedral

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste xoves a xestión dos...

Santiago activa a conta atrás para o Xacobeo 2027 a cen días do inicio do Ano Santo

O Xacobeo 2027 entra na súa conta atrás en Santiago de Compostela. A falta...

Carlos Toural asume o decanato de Ciencias da Comunicación e aposta por adaptar a Facultade á IA e ao novo ecosistema mediático

O profesor Carlos Toural Bran tomou posesión este martes 22 de setembro como novo...

O novo bus urbano de Santiago reforzará o Polígono do Tambre e incorporará servizos nocturnos antes de final de ano

O novo servizo de autobús urbano de Santiago de Compostela prevé comezar a funcionar...