InicioSANTIAGOSantiago promove uns orzamentos participativos con case 300 propostas

Santiago promove uns orzamentos participativos con case 300 propostas

A proposta máis votada foi a instalación dunha pantalla para ver o Mundial.

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha pantalla para ver os partidos da selección española de fútbol no Mundial, cinema ao aire libre e concertos foron algunhas das peticións que os mozos de entre 16 e 30 anos do Concello de Santiago solicitaron nos Orzamentos Participativos promovidos polo departamento de Xuventude. Tal e como detallou a edil María Rozas en rolda de prensa, presentáronse un total de 275 propostas, case un 42% máis que en 2025, das que finalmente foron elixidas o oito máis votadas para investir un orzamento total de 100.000 euros.

Desas 275 propostas, foron validadas as 201 que cumprían os requisitos e sometéronse a votación 116, xa que algunhas foron agrupadas ao ter o mesmo obxectivo. Finalmente, a proposta máis votada foi a instalación dunha pantalla para ver o Mundial, aínda que non estaría dispoñible ata as fases eliminatorias e aínda non está pechado onde se situaría debido aos diferentes horarios dos partidos do torneo, que se xoga en México, Estados Unidos e Canadá.

A segunda proposta máis votada foi a de cinema ao aire libre, que este ano estará dedicado ao cinema dos anos 90. Os mozos poderán elixir catro proxeccións –que serán de 6 ao 9 de xullo a partir das 22.30 horas na Alameda– a través dunha votación aberta na conta de Instagram do departamento de Mocidade. Da preselección forman parte títulos como ‘O Show de Truman”, ‘A vida é bela’, ‘Sospeitosos habituais’, ‘Seven’, ‘Misterioso asasinato en Manhattan’, ‘Philadelfia”, ‘Ghost’ ou ‘Men in Black’.

MÚSICA E GASTRONOMÍA

A terceira e cuarta proposta con maior apoio foron iniciativas relacionadas coa cultura urbana: a celebración dun festival con música, exhibicións de grafitti e muralismo e talleres de danza urbana; e un concerto con artistas recoñecidos do xénero urbano. Ambas as iniciativas, detallou María Rozas, fusionaranse nun evento que, previsiblemente, celebrarase ao comezo do próximo curso académico.

Tamén se celebrarán de maneira conxunta as dúas actividades que quedaron en quinto e sexto posto: unir á mocidade ao redor da gastronomía e a música. A sétima proposta máis votada foi a celebración dun encontro para o lanzamento de farois voadores que iluminen o ceo de Santiago e, por último, a oitava iniciativa é a celebración dun concerto con artistas que fagan música en galego.

ÚLTIMAS

As vítimas do Alvia de Angrois piden unha reunión con Carlos Cuerpo e reclaman revisar a seguridade ferroviaria

A Plataforma Vítimas Alvia 04155, que representa a afectados polo accidente ferroviario ocorrido en...

Feijóo protagonizará un “grande acto” de campaña electoral en Santiago o 14 de novembro

O presidente do Partido Popular e candidato á Presidencia do Goberno central, Alberto Núñez...

Santiago presenta a campaña ‘Compostela con Palestina’ para manter visible a situación en Gaza

O Concello de Santiago de Compostela presentou este mércores a campaña 'Compostela con Palestina',...

Unha ciclista de 39 anos resulta ferida tras colidir cun coche nas proximidades do túnel do Hórreo

Unha muller de 39 anos resultou ferida na mañá deste mércores tras sufrir un...

(VÍDEO) Para historia de terror, a que Compostela ten baixo terra en Boisaca

A historia imaxinada dá paso aos feitos documentados. Segundo os datos recollidos polo proxecto...

Mar Lorenzo é reelixida decana de Ciencias da Educación da USC para os próximos seis anos

A Facultade de Ciencias da Educación da USC continuará baixo a dirección de Mar...

O Ateneo de Santiago reunirá a expertos en educación para analizar os resultados do informe PISA

O Ateneo de Santiago organizará o próximo luns 2 de novembro, ás 19:30, unha...