InicioCULTURAO Son do Camiño esgota as entradas do venres e pon rumbo...

O Son do Camiño esgota as entradas do venres e pon rumbo ao seu pleno absoluto

O macroevento compostelán, que arrinca a vindeira semana no Monte do Gozo, xa só dispón de tíckets diarios para o xoves e o sábado coas prazas de acampada ao límite.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Son do Camiño volve camiño do cheo absoluto. A organización do festival confirmou que se esgotaron por completo as entradas dispoñibles para a xornada do vindeiro venres 19 de xuño. Cun cartel encabezado por grandes atractivos internacionais, esta xornada colga o cartel de “non hai billetes”, sumándose ao éxito previo dos abonos de tres días, que levan semanas totalmente rematados. Deste xeito, os interesados en asistir ao macroevento do Monte do Gozo xa só teñen a opción de adquirir os últimos pases diarios dispoñibles para o xoves 18 ou o sábado 20 de xuño.

MÁXIMA PRESIÓN SOBRE O ALOXAMENTO EN SANTIAGO

Ante o ritmo vertixinoso da venda de tickets nas últimas semanas, os promotores do evento emitiron un aviso urxente para os asistentes que teñan planeado viaxar á capital galega e que aínda non reservasen onde durmir. A organización recomenda formalizar canto antes os aloxamentos na cidade para garantir a estancia durante as datas do festival, xa que a presión sobre a planta hoteleira e residencial de Santiago de Compostela é máxima.

Neste sentido, os espazos de pernocta oficiais habilitados polo propio festival tamén se atopan en situación límite. Dende a dirección avanzan que quedan xa moi poucas prazas dispoñibles nas Zonas de Descanso oficiais situadas na contorna do recinto, afectando tanto á súa modalidade estándar de acampada como ás opcións de glamping. Con esta tendencia, o festival volve camiño de revalidar cifras históricas de asistencia, consolidando un récord sen parangón:un caso de éxito único dentro do panorama musical a nivel estatal.

SERVICIO DE PRE-PULSERACIÓN EN TRES CIDADES

Co obxectivo prioritario de axilizar os fluxos de entrada ao recinto do Monte do Gozo, evitar as aglomeracións tradicionais nas primeiras xornadas e mellorar de xeito notable a experiencia do público, a dirección do festival volverá activar o demandado servizo de pre-pulseración con días de antelación.

Este mecanismo permitirá aos usuarios canxear os seus tickets dixitais ou físicos polas pulseiras oficiais antes de que arrincquen os concertos. Para maior facilidade dos asistentes de toda a comunidade, o operativo especial de recollida despregarase de forma simultánea en tres grandes urbes galegas, concretamente nos centros comerciais de El Corte Inglés situados nas cidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña.

ÚLTIMAS

Santiago e A Coruña crean un grupo de traballo para coordinar as súas políticas nas zonas de mercado tensionado

As alcaldesas de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e da Coruña, Inés Rey, acordaron...

Usuarios de Monbus denuncian falta de prazas no autobús das 06:45 entre Santiago e A Coruña

A Plataforma de Afectados 645 denunciou os problemas de capacidade que, segundo asegura, se...

Santiago proba co rural as novas liñas alimentadoras que conectarán as parroquias coa rede de autobuses

O Concello de Santiago iniciou esta semana as viaxes de demostración das futuras liñas...

Xalundes e LG1DO protagonizarán unha xornada musical das Xornadas de Benvida da USC

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará unha xornada dedicada á música galega á...

Santiago proba co rural as novas liñas alimentadoras que conectarán as parroquias coa rede de autobuses

O Concello de Santiago iniciou esta semana as viaxes de demostración das futuras liñas...

Xalundes e LG1DO protagonizarán unha xornada musical das Xornadas de Benvida da USC

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará unha xornada dedicada á música galega á...

O CiMUS liderará dende Santiago unha rede europea para investigar o papel do ‘splicing’ nas enfermidades humanas

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de...