InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA Xunta adxudica o mantemento dos xardíns de varios centros de saúde...

A Xunta adxudica o mantemento dos xardíns de varios centros de saúde de Santiago e a súa área por máis de 66.000 euros

O contrato terá unha duración inicial de dous anos e inclúe actuacións en centros composteláns como Fontiñas, Galeras, Vite, O Milladoiro, Boqueixón e Brión, con medidas ambientais asociadas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Consellería de Sanidade adxudicou o servizo de mantemento de xardíns e patios interiores de 16 centros de atención primaria da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza por un importe de 66.357,37 euros. A actuación terá especial incidencia na contorna compostelá ao incluír varios centros situados na capital galega e na súa área metropolitana.

Segundo informou a Xunta, o contrato foi asignado á empresa Properdis empresa de inserción laboral, S.L., que asumirá durante os próximos 24 meses os traballos de conservación e coidado dos espazos exteriores, cunha posible prórroga adicional de ata 12 meses.

No ámbito máis próximo a Santiago, as actuacións desenvolveranse nos centros de saúde de Fontiñas, Galeras e Vite, así como nos de O Milladoiro, Boqueixón, Brión e Bembibre, no Val do Dubra. O contrato abrangue tamén outros centros da área sanitaria situados en localidades como Carnota, Pontecesures, Vila de Cruces, Muros, A Estrada, Silleda, Valga, Bertamiráns e o Centro Integral de Saúde de Lalín.

A intervención inclúe labores periódicos de mantemento das zonas verdes e patios interiores dos edificios sanitarios. Entre os espazos que contan con maior superficie de actuación destacan o Centro Integral de Saúde de Lalín, con arredor de 4.100 metros cadrados, seguido do centro de saúde e punto de atención continuada de Muros, con máis de 3.600 metros cadrados, e do centro e PAC da Estrada, con preto de 2.600 metros cadrados.

A Xunta sinala ademais que o contrato incorpora criterios vinculados á sustentabilidade ambiental, entre eles actuacións relacionadas coa reciclaxe e compostaxe dos residuos vexetais xerados, así como a retirada de especies invasoras presentes nas zonas incluídas no servizo.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...