InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOUn estudo do CSIC localiza as canteiras orixinais en Portugal da pedra...

Un estudo do CSIC localiza as canteiras orixinais en Portugal da pedra do Hostal dos Reis Católicos

O investigador David Martín Freire-Lista reconstrúe a viaxe marítima e fluvial que realizou a calcaria desde o municipio de Cantanhede ata a capital.

Publicado o

Xornal de Compostela

Un estudo do investigador do IGME–CSIC David Martín Freire-Lista, localizou as canteiras orixinais da pedra de Ançã, coñecida como a “pedra branca de Coimbra”, utilizada na construción do Hostal dos Reis Católicos de Santiago. Tal e como trasladou o CSIC nunha nota de prensa, o xeólogo, xunto a Fernando Figueiredo e Maria Helena Henriques, percorreron o rastro das canteiras e a rede de camiños que a levaron ata a capital.

Así, o estudo expón que no subsolo do municipio de Cantanhede, a unhas leguas de Coimbra, atopábase unha calcaria xurásica, formada en mares antigos, onde as augas quietas permitiron que os lodos máis finos se depositasen. Co paso dos milenios, aquela materia compactouse ata adquirir unha estrutura “homoxénea, porosa e suave ao traballo”. Nas canteiras de Ançã, Portunhos, Pena, Vila Nova ou Fornos, os canteiros arrincaban os bloques a golpe de ferramenta.

Posteriormente, cada sillar iniciaba unha viaxe en carro ata os puntos de embarque, dos que partía en barcas por canles e ríos, seguindo o curso do Mondego ata alcanzar o mar. Desta forma chegaban á ría de Arousa, desde onde pequenas embarcacións remontaban o río Ulla ata o porto fluvial de Padrón. Desde ese punto, os bloques continuaban por terra, avanzando ata a cidade onde os Reis Católicos ordenaran levantar un hospital en pedra.

Entre 1501 e 1511, baixo a dirección de Enrique e Antón Egas, erixiuse o Hospital Real, símbolo do Renacemento e da presenza da Coroa en Santiago. A pedra de Ançã foi utilizada para crear os alicerces calados do cruceiro do edificio.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...