InicioSUCESOSCatro mozos de entre 23 e 25 anos feridos tras un accidente...

Catro mozos de entre 23 e 25 anos feridos tras un accidente na AP-9 ao seu paso por Santiago de Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

Catro novos de entre 23 e 25 anos resultaron feridos leves na noite deste pasado domingo tras sufrir unha saída de vía co turismo no que viaxaban na AP-9, ao seu paso polo municipio de Santiago de Compostela.

O accidente produciuse sobre as 22.15 horas no quilómetro 58 da autoestrada, en sentido Santiago, concretamente na zona de Marantes. Segundo informaron varios particulares ao 112 Galicia, o vehículo patinou, atravesou a mediana e terminou nos carrís do sentido contrario da marcha.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tras recibir a alerta ás 22.19 horas, mobilizou unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado (SVA), dúas de soporte vital básico (SVB) e persoal sanitario da PAC de Santiago. Os servizos sanitarios atenderon ao catro ocupantes: un mozo de 23 anos, outro de 24 e dous homes de 25 anos. Todos eles foron trasladados ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.

No operativo de emerxencia tamén participaron efectivos da Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Santiago e operarios de conservación da autoestrada.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Un menor resulta ferido tras ser atropelado na costa de San Domingos

Un menor resultou ferido este martes nun atropelo rexistrado na costa de San Domingos,...

A caída dunha árbore obriga a cortar a Avenida das Burgas no Campus Sur de Santiago

A caída dunha árbore de grandes dimensións provocou na mañá deste mércores o corte...

A Policía propón para sanción o dono dun local de Santiago por permitir o consumo de drogas no interior

O propietario dun establecemento de Santiago de Compostela foi proposto para sanción por permitir...