InicioSANTIAGOO Goberno aproba obras de emerxencia por 1,6 millóns para reparar a...

O Goberno aproba obras de emerxencia por 1,6 millóns para reparar a comisaría da Policía Nacional de Santiago tras o incendio

A sede da rúa Rodrigo de Padrón será rehabilitada despois dos danos causados polo lume rexistrado en febreiro, mentres o servizo se trasladará provisionalmente a Santa Mar

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello de Ministros deu luz verde á execución de obras de emerxencia por un importe de 1,6 millóns de euros destinadas á reparación da comisaría da Policía Nacional de Santiago de Compostela, afectada polo incendio rexistrado o pasado mes de febreiro. A actuación permitirá restaurar as instalacións danadas e recuperar a actividade ordinaria do edificio situado na rúa Rodrigo de Padrón.

A decisión adoptada polo Goberno inclúe a declaración de emerxencia para a contratación das obras, servizos e subministracións necesarios para substituír os elementos afectados polo lume e executar os traballos de recuperación das dependencias policiais. Este procedemento permite acelerar os trámites administrativos ante situacións que requiren unha actuación inmediata.

Mentres se desenvolvan os traballos de rehabilitación, a Policía Nacional contará cunha sede provisional no barrio compostelán de Santa Marta, cuxa apertura está prevista para os próximos días. O novo emprazamento manterá parte dos servizos habituais destinados á cidadanía, entre eles a oficina de expedición do DNI, a tramitación de denuncias e as áreas vinculadas ás unidades de investigación.

ÚLTIMAS

Feijóo participará en Santiago na presentación dos candidatos do PP ás municipais de 2027

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, participará o vindeiro sábado 18 de...

A SD Compostela renova a continuidade de Pablo Crespo e Adrián Armental para competir en Segunda Federación

A SD Compostela continúa a configurar o cadro de xogadores co que afrontará o...

Dolores Vilavedra toma posesión como presidenta do Consello da Cultura Galega e marca como reto reforzar os dereitos culturais

Dolores Vilavedra tomou posesión este venres como nova presidenta do Consello da Cultura Galega...

Sanmartín celebra o avance do aparcadoiro do CHUS e pide á Xunta “máxima celeridade” para executar a obra

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, valorou este venres como unha "moi boa noticia"...

Raxoi recibe catro ofertas para a fase III de mellora no Estadio Verónica Boquete

O Concello recibiu catro ofertas no proceso de licitación do contrato para as obras...

A alcaldesa destaca a Casa RIA como espazo de reflexión e encontro cultural no seu segundo aniversario

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín Rei, participou este mércores no acto de celebración...

A Xunta afirma que o edificio do Imelga “vai collendo forma” e espera telo listo en 2027

O novo edificio do Instituto de Medicamento Legal de Galicia (Imelga) en Santiago, entre...