InicioSOCIEDADEO escultor Timothy Schmalz inaugura unha nova escultura en Compostela coa que...

O escultor Timothy Schmalz inaugura unha nova escultura en Compostela coa que reivindica “a dignidade humana”

O arcebispo Francisco José Prieto e o escultor canadense Timothy Schmalz presentan na Oficina do Peregrino unha obra que representa o Espírito Santo protexendo unha persoa vulnerable e reivindica a dignidade humana

Publicado o

Xornal de Compostela

O arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto Fernández, e o escultor canadense Timothy Schmalz presentaron este luns unha nova escultura doada polo artista para a Oficina do Peregrino, unha obra que busca interpelar a sociedade sobre a solidariedade coas persoas máis vulnerables e reivindicar “a dignidade humana”. A nova creación representa a pomba do Espírito Santo acubillando unha persoa en situación de vulnerabilidade e acompañará desde este luns a escultura “Homeless Jesus”, tamén obra de Schmalz, que desde xullo de 2025 recibe os peregrinos que rematan o Camiño de Santiago. Durante a presentación, o arcebispo compostelán fixo un chamamento a non permanecer indiferentes ante o sufrimento alleo e instou os peregrinos a “non manter unha mirada indiferente” ante a fraxilidade humana. Neste sentido, Prieto Fernández reivindicou a necesidade de construír unha sociedade máis solidaria, na que “ninguén quede nos bordos dos camiños abandonado, só e ferido”.

UNHA ESCULTURA PARA REIVINDICAR A DIGNIDADE HUMANA

Pola súa banda, Timothy Schmalz explicou que o propósito que guía toda a súa traxectoria artística é outorgar “dignidade espiritual” a todas as persoas, especialmente aos “colectivos marxinados”. O escultor canadense, que conta con obras instaladas na praza de San Pedro do Vaticano e noutras cidades do mundo, defendeu tamén a importancia de incorporar novas creacións artísticas ao longo da ruta xacobea. Segundo salientou, a presenza de esculturas contemporáneas contribúe a demostrar que o Camiño de Santiago “non é unha reliquia do pasado”, senón unha experiencia que continúa evolucionando e mantendo viva a súa dimensión espiritual. Neste sentido, Schmalz reflexionou sobre a forma en que determinados peregrinos se achegan actualmente ao Camiño, especialmente aqueles que o conciben como unha experiencia turística ou como un obxectivo persoal que desexan completar.

“A miúdo, en América, vin que a xente pasa polo Camiño e o vive como unha experiencia dunha lista de desexos e iso afástase un pouco desa idea do espiritual”, sinalou o escultor. Por iso, reivindicou a creación de novas obras de arte contemporánea vinculadas á peregrinación como unha maneira de recuperar e reforzar ese significado. “Por iso, cando hoxe en día se crean novas obras de arte que presentan esta viaxe, que presentan este camiño de peregrinación, incídese na idea de que si, de que se trata dunha viaxe espiritual cristiá. E creo que iso é moi importante”, concluíu. A nova escultura súmase así á presenza de “Homeless Jesus” na Oficina do Peregrino, incorporando unha nova representación artística coa que o seu autor pretende convidar á reflexión sobre a vulnerabilidade, a solidariedade e a dignidade das persoas.

ÚLTIMAS

Ames conmemora o 25N con xornadas sobre a machosfera e actividades de igualdade nos centros educativos

O Concello de Ames desenvolverá entre o 25 e o 30 de novembro diferentes...

Santiago adxudica a nova iluminación de Praterías

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns, 23 de...

A Gala aRi[t]mar reúne en Santiago a Uxía, Mar, Andrea Nunes Brións, Ana Gago e Xico de Carinho

O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acolleu a undécima edición da Gala...

Néstor Rego, candidato do BNG ao Congreso: “Se o PSOE quere ter o apoio do BNG, vai ter que aceptar os nosos compromisos”

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso, Néstor Rego, aborda nunha entrevista...

Santiago estrea a credencial especial do Xacobeo 2027: xa está dispoñible para os peregrinos

A Oficina de Acollida ao Peregrino presentou este venres, 20 de novembro, a Credencial...

A Fundación Secretariado Xitano inaugura a súa nova sede nas Fontiñas co apoio do Concello de Santiago

A Fundación Secretariado Xitano inaugurou este xoves a súa nova sede na rúa das...

Unha protesta contra os vínculos armamentísticos con Israel impide á reitora da USC entrar nun acto universitario

Unha protesta de carácter antimilitarista, na que participaron entre 15 e 20 persoas, segundo...