InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOSantiago presenta o 19 de maio os finalistas de 'Compostela nocturna, mírame!'...

Santiago presenta o 19 de maio os finalistas de ‘Compostela nocturna, mírame!’ e exhibirá na Casa do Cabido o futuro da iluminación monumental

O Concello dará a coñecer en Raxoi os tres anteproxectos seleccionados no concurso internacional para renovar a paisaxe nocturna da contorna da Catedral, coa proposta 'Hermes' de Intervento como gañadora, e abrirá unha exposición pública ata finais de mes

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago celebrará o vindeiro 19 de maio ás 11:00 no Pazo de Raxoi o acto oficial no que se presentarán os tres anteproxectos finalistas do Concurso Internacional de Iluminación ‘Compostela nocturna, mírame!’, unha iniciativa destinada a redefinir a iluminación monumental da contorna da Catedral e a transformar a percepción nocturna dun dos espazos patrimoniais máis significativos da cidade.

Durante a xornada darase a coñecer publicamente o contido técnico das tres propostas finalistas e entregarase o premio ao estudo gañador, Intervento, autor do proxecto presentado baixo o lema ‘Hermes’. O acto contará tamén coa participación dos outros dous equipos seleccionados, Valoa Design e o grupo encabezado por Studio Piero Castiglioni, xunto con Marco Petrucci e F&M Ingegneria, que exporán as súas visións sobre a iluminación deste ámbito histórico.

Segundo o fallo do xurado internacional, ‘Hermes’ acadou 95 puntos sobre 100, fronte aos 65 puntos obtidos polas outras dúas candidaturas. A proposta foi recoñecida pola súa “claridade e integridade”, apostando por un sistema de gradientes e contrastes que busca resaltar a arquitectura histórica sen alterar a súa lectura patrimonial. Entre os elementos máis valorados figura o feito de evitar novas instalacións sobre as cubertas da Catedral, así como a previsión dunha redución estimada do consumo enerxético do 68% respecto ao modelo actual, combinando criterios patrimoniais, económicos e ambientais.

O programa desenvolverase inicialmente no Salón Vermello do Pazo de Raxoi, onde se abordará o contexto técnico do concurso, se realizarán as intervencións institucionais e se procederá á entrega oficial do galardón. Posteriormente, abrirase na Casa do Cabido a exposición ‘Compostela Nocturna Mírame!’, unha mostra divulgativa que permitirá coñecer tanto o simbolismo histórico da luz en Santiago como os detalles técnicos das tres propostas finalistas. A presentación completarase cunha explicación in situ na praza das Praterías sobre o proxecto piloto previsto para este espazo.

A exposición poderá visitarse entre o 19 e o 31 de maio na Casa do Cabido e incluirá visitas guiadas gratuítas os días 21, 26 e 28 de maio ás 18:30, sen inscrición previa ata completar capacidade. Posteriormente, a mostra trasladarase á Casa das Asociacións de Cornes entre o 1 e o 8 de xuño, ampliando así o acceso cidadán ao proceso.

Esta actuación forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) de Santiago de Compostela, impulsado polo Concello, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, cun proceso coordinado tecnicamente pola empresa compostelá Trivium.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here