InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA Catedral de Santiago abre en liña 84.000 documentos do seu Arquivo-Biblioteca...

A Catedral de Santiago abre en liña 84.000 documentos do seu Arquivo-Biblioteca cunha nova web de acceso público

A plataforma permite consultar fondos históricos, catalogacións e imaxes de documentos que abranguen desde protocolos notariais dos séculos XV ao XVIII ata fotografías do XIX

Publicado o

Xornal de Compostela

O Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago presentou este luns a súa nova páxina web, unha ferramenta coa que a institución abre ao acceso público en internet arredor de 84.000 documentos conservados pola basílica compostelá, nun paso orientado a facilitar a investigación, a divulgación e a consulta do seu patrimonio documental.

Na presentación participaron o deán da Catedral, Manuel Jesús Formoso, e o arquiveiro, Francisco Builde, quen explicou que o novo espazo dixital foi deseñado para mellorar a accesibilidade e a organización dos fondos, ao tempo que ofrece unha estrutura máis funcional para a súa actualización continua desde o propio Arquivo.

Segundo detallou Builde, o proceso de renovación, iniciado en xullo do pasado ano, supuxo un traballo prolongado para construír unha plataforma “máis accesible e sinxela” que permita unha relación máis directa coa cidadanía. “É outra maneira de estar abertos ao público”, sinalou durante a presentación.

A nova web articúlase en tres grandes áreas: Información xeral, Fondos e coleccións, e Servizos. A través delas, os usuarios poden coñecer a historia e funcionamento do Arquivo-Biblioteca, as entidades colaboradoras, os servizos dispoñibles e os mecanismos de contacto, ademais de explorar con maior detalle os seus fondos históricos.

Entre os materiais accesibles destacan protocolos notariais dos séculos XV ao XVIII, actas capitulares do século XVIIou coleccións fotográficas como as realizadas no século XIX polo sacerdote José Limia Rodríguez, xunto con outros documentos de valor histórico e patrimonial vinculados á Catedral e á cidade.

Un dos elementos centrais da nova plataforma é o catálogo do Arquivo desenvolvido co sistema de software libre AtoM (Access to Memory), unha ferramenta baseada en estándares internacionais de descrición arquivística que permite consultar non só rexistros catalográficos, senón tamén imaxes asociadas a parte dos fondos.

ÚLTIMAS

Oito feridos nun accidente múltiple en Santiago, entre eles varios alcaldes

Oito persoas resultaron feridas nun accidente múltiple con tres vehículos implicados en Santiago de...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

Sanmartín critica que a Xunta converta a reunión sobre o aparcadoiro do CHUS nun “acto público”

A Comisión de Seguimento para a construción do novo aparcadoiro do Complexo Hospitalario Universitario...

Un acusado dunha agresión en Santiago sostén que a pelexa comezou por un roubo de droga

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña celebrou este venres o xuízo contra...

Oito feridos nun accidente múltiple en Santiago, entre eles varios alcaldes

Oito persoas resultaron feridas nun accidente múltiple con tres vehículos implicados en Santiago de...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

A USC aborda en Santiago o impacto das redes sociais no benestar da infancia e da adolescencia

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este martes na Facultade de Psicoloxía as...