InicioSUCESOSUnha condutora resulta ferida tras envorcar co seu vehículo na AG-56 ao...

Unha condutora resulta ferida tras envorcar co seu vehículo na AG-56 ao seu paso por Santiago

O accidente produciuse na mañá deste luns nunha curva da autovía en dirección a Compostela e mobilizou a servizos sanitarios, bombeiros e forzas de seguridade

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha condutora resultou ferida este luns despois de sufrir unha saída de vía na autovía AG-56, ao seu paso por Santiago de Compostela, nun accidente que rematou co vehículo envorcado.

Segundo a información facilitada polo 112, o sinistro produciuse arredor das 10:15, momento no que varios particulares alertaron á central de emerxencias de que un turismo se saíra da calzada nunha curva da vía, en sentido cara á capital galega.

Nas primeiras chamadas recibidas indicábase ademais que a muller permanecía no interior do coche sen poder saír polos seus propios medios, o que activou un operativo no que participaron distintos servizos de emerxencia.

Ata o punto desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos Bombeiros de Santiago. Porén, unha vez no lugar, os equipos comprobaron que non foi necesario realizar labores de excarceración, xa que a condutora atopábase fóra do vehículo.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Aparece morto o home detido o venres por tres agresións sexuais en O Milladoiro

O home que fora detido o venres en relación con tres supostas agresións sexuais...

Un sinistro con catro coches deixa dous feridos en Compostela

Dúas persoas resultaron feridas e tiveron que ser trasladadas ao hospital tras un accidente...

Atopan morta a muller de 79 anos desaparecida en Santiago dende o pasado xoves

Fin tráxico á procura da veciña de Santiago que levaba en paradoiro descoñecido dende...