InicioPOLÍTICAVerea responsabiliza ao goberno local da declaración de zona tensionada e cuestiona...

Verea responsabiliza ao goberno local da declaración de zona tensionada e cuestiona a súa política de vivenda

O portavoz popular critica a falta de vivenda pública en Santiago e alerta de posibles efectos negativos no mercado do alugueiro

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, afirmou este venres que a declaración de zona tensionada na cidade responde a unha decisión política do goberno local, integrado por BNG e Compostela Aberta, e asegurou que “as consecuencias desta medida serán responsabilidade exclusiva de quen a impulsou”.

Durante unha rolda de prensa inicialmente convocada para abordar a situación das parcelas non cedidas polo Concello á Xunta, o edil centrou a súa intervención na recente decisión sobre o mercado residencial. Segundo indicou, esta medida chega tras “tres anos nos que o único que presentou o Concello foi unha proposta que non saíu adiante e que tardou meses en corrixirse”.

Verea puxo en dúbida a eficacia da declaración de zonas tensionadas noutras cidades, asegurando que “está demostrado que non funciona” e advertindo de posibles consecuencias como a redución da oferta de alugueiro, a saída de vivendas do mercado ou o aumento das dificultades de acceso, especialmente para familias e xente nova. “Limitar prezos sen aumentar a oferta é a receita perfecta para que haxa menos vivenda”, sinalou.

Como exemplo, referiuse á cidade da Coruña, onde, segundo expuxo, se produciu unha diminución no número de contratos de alugueiro tras a aplicación desta medida. “Pasouse de 718 contratos en xullo a 324 en febreiro, o que supón unha caída do 55% da oferta”, indicou.

O portavoz popular tamén criticou a ausencia de políticas municipais de promoción de vivenda pública en Santiago. Neste sentido, afirmou que “non se construíu ningunha vivenda pública municipal nin se puxo en marcha alugueiro público” e cuestionou a falta de avances na creación dunha empresa municipal neste ámbito.

Ademais, comparou a situación compostelá con outros concellos galegos, como Ames, Pontevedra, Teo ou A Coruña, nos que, segundo indicou, se cederon terreos á Xunta para a construción de vivenda protexida. “Santiago, despois de tres anos, segue en cero”, subliñou.

Verea tamén criticou a decisión do goberno local de vender parcelas públicas en lugar de cedelas, o que, ao seu xuízo, supón “perder a oportunidade de contar con centos de vivendas públicas en construción”. Segundo explicou, o Concello obtivo arredor de cinco millóns de euros por estas operacións, unha decisión que cualificou de “política” e que contrapuxo á opción de incrementar o parque público de vivenda.

Preguntado polos datos que apuntan a unha moderación dos prezos do alugueiro en cidades con zona tensionada, Verea cuestionou que este efecto compense a posible redución da oferta. “É mellor ter prezos que medran menos ou non ter pisos dispoñibles?”, expuxo.

Na quenda de preguntas, o portavoz popular tamén se referiu á recente instalación dunha estatua de Moncho Reboiras en Santiago, criticando a súa localización e asegurando que “rompe co consenso e coa neutralidade”. Neste sentido, afirmou que, de acceder á alcaldía, retiraría a escultura do seu emprazamento actual.

ÚLTIMAS

Sanidade activa un protocolo por un brote de sarna no Hospital de Conxo que afecta a 20 profesionais

O servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública da área sanitaria de Santiago puxo...

Sanmartín afirma que a declaración de Santiago como mercado residencial tensionado “chega tarde” e reclama axilizar a súa aplicación

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou que a cidade foi declarada oficialmente como...

Santiago presenta a imaxe oficial dos Xogos do Eixo Atlántico que se celebrarán en xullo

O Concello de Santiago deu a coñecer a marca, símbolo e identidade gráfica dos...

Santiago é declarada zona de mercado residencial tensionado

Fontes da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas confirmaron que o Goberno galego...

Sanmartín afirma que a declaración de Santiago como mercado residencial tensionado “chega tarde” e reclama axilizar a súa aplicación

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou que a cidade foi declarada oficialmente como...

O PSOE de Santiago denuncia un “cuarto colapso” sanitario e reclama á Xunta reforzos inmediatos no PAC

O secretario xeral do PSOE de Santiago, Aitor Bouza, denunciou un novo episodio de...

O PSdeG reclama definir o destino dos ingresos da taxa turística no orzamento municipal de 2026

O Grupo Municipal Socialista en Santiago trasladará ao pleno deste mes de abril a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here