InicioSANTIAGOJesús López Romalde é reelixido decano da Facultade de Bioloxía da USC...

Jesús López Romalde é reelixido decano da Facultade de Bioloxía da USC con amplo apoio do profesorado

O catedrático inicia un novo mandato centrado na calidade académica, a internacionalización e a dinamización do centro

Publicado o

Xornal de Compostela

O catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, Jesús López Romalde, vén de ser reelixido decano da Facultade de Bioloxía tras obter 43 votos a favor e catro en branco no proceso electoral celebrado no centro compostelán. O profesor continuará así á fronte da facultade nun novo mandato no que aposta por consolidar as liñas de traballo desenvolvidas nos últimos anos.

Entre as prioridades desta nova etapa sitúanse a mellora da calidade das titulacións, o reforzo da proxección internacional e a optimización dos procedementos administrativos, co obxectivo de facer máis áxil o funcionamento interno. Segundo explicou, estas accións buscan “mellorar a formación, a experiencia universitaria e as oportunidades do estudantado, eixo principal da actividade académica”.

O programa de López Romalde inclúe tamén medidas orientadas á dinamización da vida universitaria, como a organización de cursos de verán, exposicións e encontros abertos á cidadanía. Neste sentido, sinala que se pretende avanzar cara a unha facultade “máis viva, participativa e conectada coa sociedade”. O decano reelixido asegura que o seu propósito é “seguir construíndo un proxecto colectivo, baseado na proximidade, a escoita e a mellora continua”.

UNHA AMPLA TRAXECTORIA INVESTIGADORA E DE XESTIÓN

Jesús López Romalde é catedrático de Microbioloxía na USC e conta con máis de 35 anos de experiencia investigadora en ámbitos como a microbioloxía ambiental, a viroloxía ou a seguridade alimentaria e da auga. Ao longo da súa carreira, desenvolvida integramente na universidade compostelá, foi incorporando enfoques que integran a microbioloxía molecular, a epidemioloxía e a avaliación de riscos vinculados á sustentabilidade.

No ámbito da xestión académica, ocupou diferentes responsabilidades, entre elas as de secretario de departamento, director, vicerreitor e, desde 2022, decano da Facultade de Bioloxía. A súa actividade científica inclúe a autoría de máis de 280 artigos en publicacións especializadas, así como capítulos de libro e volumes editados, ademais de participación en numerosos proxectos de investigación nacionais e internacionais.

O seu traballo sitúao entre o 2% de científicos máis influentes do mundo segundo a Universidade de Stanford. Ademais, desenvolveu labores de transferencia de coñecemento cara ás administracións e ao sector produtivo, sendo autor de varias patentes no ámbito da acuicultura.

A súa traxectoria complétase coa organización de congresos científicos, participación en sociedades especializadas e o recoñecemento a través de diversos premios, entre eles a Medalla de Investigación ‘Ángeles Alvariño’ da Real Academia Galega de Ciencias.

ÚLTIMAS

O Concello reclama cambios no PIA de Lavacolla e cuestiona que permita estender o uso comercial por todo o parque empresarial

O Concello de Santiago presentou alegacións ao proxecto de interese autonómico (PIA) do parque...

A USC asegura o Colexio Maior San Clemente tras desprenderse parte da cornixa e da cuberta

A Universidade de Santiago de Compostela iniciou actuacións de urxencia no Colexio Maior San Clemente,...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

A USC crea o programa Fénix para recuperar investigadores Ramón y Cajal perdidos por un erro na convocatoria

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) deu o visto...

A USC crea o programa Fénix para recuperar investigadores Ramón y Cajal perdidos por un erro na convocatoria

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) deu o visto...

A xuíza de Angrois apoia o indulto total da pena de prisión ao maquinista do Alvia

A maxistrada encargada da execución da sentenza polo accidente ferroviario de Angrois de xullo...

Declarado de interese autonómico o proxecto para crear un aparcadoiro de 1.500 prazas no CHUS

O Consello da Xunta declarou proxecto de interese autonómico (PIA) a reordenación da contorna...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here