InicioSANTIAGOAMESO BNG de Ames reclama destinar terreos municipais de Bertamiráns á construción...

O BNG de Ames reclama destinar terreos municipais de Bertamiráns á construción de vivenda pública

Os nacionalistas levarán ao pleno unha moción para facilitar o acceso á vivenda, especialmente entre a mocidade e familias con ingresos medios

Publicado o

Xornal de Compostela

O Bloque Nacionalista Galego de Ames defenderá no pleno ordinario de abril unha iniciativa para impulsar a construción de vivenda pública en Bertamiráns a partir de parcelas de titularidade municipal. A formación considera que a dispoñibilidade destes terreos representa unha oportunidade para ampliar a oferta residencial accesible nun concello onde, segundo sinalan, a vivenda pública prevista concéntrase actualmente no Milladoiro.

A voceira nacionalista, Escarlata Pampín, advertiu das dificultades existentes para acceder á vivenda no municipio. Segundo explicou, “especialmente para a xente nova e as familias con ingresos medios é case imposible o acceso á vivenda polos prezos e porque a oferta dispoñible non cobre a demanda”. Neste contexto, engadiu que esta situación provoca consecuencias sociais como a imposibilidade de emancipación da mocidade, o traslado de familias a outros concellos ou o incremento da desigualdade.

Pampín tamén incidiu no impacto económico que supón o custo da vivenda para a veciñanza: “Non falamos de números, falamos de xente que traballa en Ames e non pode vivir aquí, de parellas que atrasan proxectos vitais, ou de familias que destinan unha parte excesiva do seu salario ao alugueiro”. A este respecto, a portavoz defendeu a necesidade de reorientar as políticas públicas para incrementar a oferta de vivenda accesible e garantir prezos asumibles.

Esta proposta xa fora presentada polos nacionalistas no marco das negociacións orzamentarias, aínda que, segundo indican, foi rexeitada polo goberno municipal do PSOE, que argumentou que os procedementos de alleamento das parcelas estaban en fase de licitación e non podían modificarse.

Na moción que se debaterá no pleno, o BNG propón que os terreos municipais se cedan á Xunta de Galicia para promover vivendas de protección autonómica ou de integración social. Ademais, contemplan outras opcións como a licitación ou cesión das parcelas en condicións favorables para facilitar a participación de promotores privados, sempre baixo criterios que garantan a limitación de prezos e o acceso a vivenda protexida.

“A finalidade é garantir que calquera das opcións adoptadas priorice o acceso á vivenda da veciñanza especialmente da mocidade, persoas con baixos ingresos e colectivos en situación de vulnerabilidade”, concluíu Pampín.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Garda Civil detén dúas persoas por roubos en garaxes comunitarios do Milladoiro

A Garda Civil, coa colaboración da Policía Local de Ames, detivo dúas persoas e...

Ángel Carracedo ingresará como académico de número na Real Academia Nacional de Medicina

O profesor Ángel Carracedo, veciño da parroquia amesá de Bugallido, foi elixido novo académico...

O BNG reclama á Xunta un plan urxente para corrixir as deficiencias estruturais dos centros educativos de Ames

A deputada do BNG no Parlamento galego, Saleta Chao, reclamou á Consellería de Educación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here