InicioPOLÍTICAMarta Abal reclama medidas urxentes ante a crise da vivenda en Santiago...

Marta Abal reclama medidas urxentes ante a crise da vivenda en Santiago e aposta por mobilizar inmobles baleiros

A concelleira socialista critica a falta de respostas das administracións e cifra en máis de 6.000 as vivendas desocupadas na cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Grupo Municipal Socialista, Marta Abal, advertiu da gravidade da situación de acceso á vivenda en Santiago de Compostela, sinalando que se trata da principal preocupación da cidadanía e cuestionando a resposta das distintas administracións implicadas.

A edil asegurou que o debate político actual está afastado da realidade social e lamentou que “mentres o problema de acceso á vivenda segue a ser a principal preocupación da cidadanía, asistimos a como o voceiro do Partido Popular e o executivo local se enredan en debates que non aportan solucións á emerxencia habitacional que estamos a vivir”. Neste sentido, incidiu na necesidade de artellar políticas públicas a curto e medio prazo baseadas no consenso, e non en confrontacións políticas.

Abal tamén dirixiu críticas ao Partido Popular, ao que considera “o menos indicado para dar leccións sobre vivenda pública”, lembrando que a competencia nesta materia corresponde á Xunta de Galicia. Segundo indicou, esta administración “leva máis de vinte anos sen promover vivenda protexida en Santiago”, polo que considera que a situación actual é consecuencia da falta de actuación continuada. “Agora entráronlle as présas. Benvidas sexan, pero, de ter actuado antes e de ter cumprido coas súas responsabilidades en tempo e forma, Santiago non estaría atravesando a grave situación de acceso á vivenda que padece hoxe”, afirmou.

Do mesmo xeito, a concelleira socialista cualificou de insuficientes as medidas impulsadas polo goberno municipal liderado por Goretti Sanmartín, sinalando que carecen da “ambición necesaria” para facer fronte á dimensión do problema.

Como alternativa, Abal defendeu a mobilización da vivenda baleira como unha das principais ferramentas para incrementar a oferta residencial a curto prazo. Segundo expuxo, existen máis de 6.000 vivendas desocupadas en Santiago, o que representa arredor do 23% do parque residencial, unha cifra que, ao seu xuízo, evidencia o potencial desta medida.

A concelleira destacou que o propio executivo local dispón xa de datos suficientes para analizar a situación e avanzar en decisións nesta materia. “Mobilizar vivenda baleira trátase da medida máis realista e eficaz para aumentar a oferta de alugueiro social a curto prazo e empezar a dar solución ás necesidades urxentes da cidadanía”, concluíu.

ÚLTIMAS

O novo transporte urbano de Santiago comezará a operar nun prazo máximo de tres meses

O novo servizo de transporte urbano de Santiago de Compostela deberá entrar en funcionamento...

Santiago pide a Augas de Galicia unha valoración técnica sobre a evolución da vertedura de Tordoia

O Concello de Santiago solicitou por escrito a Augas de Galicia información detallada sobre...

Pacientes do CHUS denuncian un “colapso” permanente nos accesos ao Clínico

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o “colapso” permanente dos accesos...

A CIG anuncia mobilizacións contra Monbus e reclama a readmisión dun traballador despedido tras a folga en Santiago

A CIG anunciou novas mobilizacións e accións penais contra o grupo Monbus para reclamar...

Pedro Blanco inicia unha rolda polos barrios de Santiago para elaborar propostas coa veciñanza

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, iniciou este martes '#ConversasDeBarrio', unha...

Verea comprométese a reducir a 30 días o pagamento aos provedores no primeiro ano de mandato

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, volveu situar os prazos de...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here