InicioSANTIAGOO Concello inicia obras de rehabilitación de firmes en Santiago con actuacións...

O Concello inicia obras de rehabilitación de firmes en Santiago con actuacións no rural e na cidade

A primeira fase conta cun investimento de 200.000 euros e inclúe intervencións en máis dunha vintena de localizacións

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago vén de poñer en marcha unha nova fase de actuacións para a rehabilitación de firmes tanto no rural como en distintas zonas urbanas, cun investimento inicial de 200.000 euros. Esta primeira rolda de traballos arrincou nos últimos días en Zarramacedo, en Bando de Arriba, e estenderase nas próximas semanas a máis dunha vintena de puntos do municipio.

Segundo a planificación municipal, as intervencións chegarán a parroquias como Laraño, Figueiras, Busto, San Xoán de Fecha, A Barcia, Villestro ou A Grixoa, co obxectivo de mellorar o estado das vías e reforzar a seguridade viaria nestas zonas.

No ámbito urbano, o Concello prevé actuar na contorna do Estadio Verónica Boquete, onde os traballos comezarán na próxima semana. Ademais, durante o vindeiro mes desenvolveranse actuacións de rehabilitación de firmes en rúas céntricas como Fonte de Santo Antonio, Doutor Teixeiro e Puente Castro.

A programación inclúe tamén unha nova fase de asfaltados en áreas periurbanas e de aplicación de regos asfálticos en distintos puntos do termo municipal, actuacións que se executarán durante o verán para aproveitar as condicións meteorolóxicas favorables.

Paralelamente, o Concello ten previstos novos investimentos para a rexeneración de pavimentos en varias localizacións, entre elas a rúa de Mallou, os lugares de Bar de Arriba e Bar de Abaixo, a rúa dos Asidros e o lugar do Piñeiro, no Eixo. Tamén se contemplan intervencións na rúa de San Roque e en distintas vías das parroquias de Cesar, Marrozos, Verdía, Fecha, Carballal e Busto.

Máis de 350.000 euros en actuacións recentes

Estas obras súmanse ás xa executadas nos últimos meses tras os temporais do inverno, destinadas á reparación de pavimentos e á mellora da accesibilidade. Entre elas destaca a intervención na estrada N-634, que conecta coa zona de San Marcos, así como na Ponte Vella de Vidán.

Ademais, realizáronse actuacións en máis dunha quincena de puntos da cidade, incluíndo rebacheos que superan os 380 metros cadrados, en rúas como París, Roma, Berlín, Lisboa, Moscova, Bruxelas, Londres, Xoán XXIII, Burgo das Nacións, Xoán Pablo II, San Lázaro, Camiño Francés, República de Arxentina, Gómez Ulla e Costa do Vedor.

O conxunto destes traballos anteriores acadou un investimento superior aos 350.000 euros, aos que se suma agora esta nova fase de actuacións impulsada polo Concello.

ÚLTIMAS

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

O arcebispo de Santiago chama a recoñecer a dignidade de toda persoa na Ofrenda ao Apóstolo

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, fixo un chamamento este 25 de xullo...

Liño, artesanía galega e memoria feminina no traxe da alcaldesa de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, escolleu para os actos institucionais do 25 de...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Os Tédax destrúen en Santiago un proxectil que podería proceder da Guerra Civil

Especialistas do grupo de técnicos especialistas en desactivación de artefactos explosivos, os Tédax da...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here