InicioPOLÍTICAO PP de Santiago critica a situación provisional da Policía Nacional tras...

O PP de Santiago critica a situación provisional da Policía Nacional tras o incendio da comisaría e pide unha solución “digna”

Verea denuncia que máis de 8.000 persoas foron atendidas en condicións “inaceptables” na praza do Obradoiro e acusa ao Goberno local de inacción

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, denunciou este venres a situación na que se atopa o servizo da Policía Nacional na cidade tras o incendio da comisaría, cualificando de “inaceptable” a solución provisional habilitada na praza do Obradoiro.

Segundo explicou, a atención á cidadanía está a realizarse “a intemperie, en dúas furgonetas”, unha situación que, ao seu xuízo, se está prolongando máis do previsto sen que se adopten alternativas. “Non é normal esta solución provisional que se está alongando”, afirmou.

O líder popular puxo o foco nas condicións tanto do persoal policial como das persoas usuarias do servizo. Indicou que, independentemente das condicións meteorolóxicas, “os cidadáns esperan a intemperie e a Policía está encaixoada en dúas furgonetas que non están deseñadas para traballos así de longa duración”.

Neste sentido, achegou datos sobre o volume de atención rexistrado nas últimas semanas, sinalando que “oito mil cidadáns” acudiron a este dispositivo provisional para realizar trámites como a renovación do DNI ou do pasaporte. Engadiu que outras “catro mil persoas” foron atendidas en espazos complementarios, que describiu como reducidos e sen condicións axeitadas.

Verea tamén cuestionou a falta de privacidade nestas atencións e afirmou que “non hai as mínimas condicións de intimidade” para a realización de determinados trámites.

Ademais, criticou a actuación do Goberno municipal e da alcaldesa, Goretti Sanmartín, á que acusou de non atender as demandas dos profesionais. Segundo indicou, os traballadores da Policía Nacional solicitaron unha reunión “hai dúas semanas” sen obter resposta. “Nin sequera tivo un minuto para atender aos traballadores”, asegurou.

O portavoz popular insistiu en que existen “decenas de alternativas moito máis dignas” para resolver a situación provisional e reclamou unha maior implicación tanto do Concello como do Ministerio do Interior para habilitar un espazo adecuado mentres non se restablece o servizo na comisaría.

CRÍTICAS Á INSTALACIÓN DUNHA ESTATUA DE MONCHO REBOIRAS

Na mesma comparecencia, Verea referiuse á instalación dunha estatua de Moncho Reboiras na Carreira do Conde, prevista para os próximos días. O portavoz popular considerou que esta decisión “rompe o consenso” sobre o uso do espazo público e responde a unha iniciativa de carácter ideolóxico.

Segundo indicou, o seu grupo cuestiona tanto a elección da figura homenaxeada como o procedemento seguido, e asegurou que se trata dunha actuación que “non responde ao interese xeral da cidade”. Tamén puxo en dúbida a vinculación de Reboiras con Santiago, ao afirmar que “non ten ningunha vinculación con Santiago de Compostela”.

ÚLTIMAS

O novo transporte urbano de Santiago comezará a operar nun prazo máximo de tres meses

O novo servizo de transporte urbano de Santiago de Compostela deberá entrar en funcionamento...

Santiago pide a Augas de Galicia unha valoración técnica sobre a evolución da vertedura de Tordoia

O Concello de Santiago solicitou por escrito a Augas de Galicia información detallada sobre...

Pacientes do CHUS denuncian un “colapso” permanente nos accesos ao Clínico

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o “colapso” permanente dos accesos...

A CIG anuncia mobilizacións contra Monbus e reclama a readmisión dun traballador despedido tras a folga en Santiago

A CIG anunciou novas mobilizacións e accións penais contra o grupo Monbus para reclamar...

Pedro Blanco inicia unha rolda polos barrios de Santiago para elaborar propostas coa veciñanza

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, iniciou este martes '#ConversasDeBarrio', unha...

Verea comprométese a reducir a 30 días o pagamento aos provedores no primeiro ano de mandato

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, volveu situar os prazos de...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here