InicioPOLÍTICAO PSdeG esixe á Xunta avanzar no Conservatorio Profesional de Danza e...

O PSdeG esixe á Xunta avanzar no Conservatorio Profesional de Danza e reclama responsabilidade ao goberno local en turismo

Aitor Bouza anuncia iniciativas no Parlamento de Galicia e critica a falta de avances e coordinación institucional en Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral dos socialistas de Santiago, Aitor Bouza, reclamou este venres avances na creación dun conservatorio profesional de danza na cidade, unha demanda que cualificou de “reivindicación histórica” tanto do sector como da propia capital galega. Durante a rolda de prensa, Bouza anunciou que o PSdeG levará esta cuestión ao Parlamento de Galicia mediante unha batería de iniciativas para forzar un posicionamento do Partido Popular.

O dirixente socialista incidiu en que, malia os compromisos adquiridos en etapas anteriores, “ningún paso deu a Xunta de Galicia para facer realidade esta promesa electoral”. Neste sentido, lembrou que en 2023 o Partido Popular rexeitou incorporar unha partida específica nos orzamentos para impulsar o proxecto, polo que agora esixen que se retome e se inicien os trámites necesarios para a súa posta en marcha.

Bouza tamén cuestionou a postura do PP en Santiago e pediu coherencia entre os seus representantes institucionais, en referencia a Borja Verea. Segundo indicou, “non sabemos se o deputado e o concelleiro manteñen a mesma posición”, ao tempo que reclamou unha postura clara de apoio a esta infraestrutura educativa e cultural.

Dende o PSdeG defenden que a creación deste centro permitiría impulsar a formación artística na cidade, facilitando o acceso á danza a distintos perfís de alumnado e reforzando a actividade cultural de Santiago. “Sería unha oportunidade para que nenos e adultos poidan desenvolver actividades artísticas de maneira profesional”, sinalou.

No ámbito municipal, Bouza amosou tamén críticas cara ao executivo local, ao que acusou de manter unha actitude de “confrontación permanente” sen acadar acordos que permitan desenvolver proxectos estratéxicos. Neste contexto, pediu á alcaldesa, Goretti Sanmartín, que exerza como portavoz da cidade e impulse as demandas ante outras administracións.

PIDE AO GOBERNO LOCAL ASUMIR AS SÚAS COMPETENCIAS EN TURISMO

En relación coa situación turística de Santiago, o secretario xeral socialista instou o goberno municipal a asumir as súas competencias e desenvolver unha estratexia propia. “A alcaldesa ten que responsabilizarse e explicar como vai solucionar a crise do turismo na cidade”, afirmou, sinalando que os problemas actuais responden tanto á política da Xunta como á acción local.

Bouza defendeu un modelo baseado nun turismo compatible coa vida da veciñanza, que permita diversificar a oferta máis alá do Camiño de Santiago e evitar que a cidade funcione unicamente como lugar de paso. Neste sentido, apuntou á necesidade de reforzar ámbitos como o turismo cultural ou gastronómico para atraer visitantes que permanezan máis tempo na cidade.

ÚLTIMAS

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

O arcebispo de Santiago chama a recoñecer a dignidade de toda persoa na Ofrenda ao Apóstolo

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, fixo un chamamento este 25 de xullo...

Liño, artesanía galega e memoria feminina no traxe da alcaldesa de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, escolleu para os actos institucionais do 25 de...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here