InicioMOV. SOCIAISNace a plataforma cidadá 'Compostela, Accesible, XA!' para reivindicar unha cidade sen...

Nace a plataforma cidadá ‘Compostela, Accesible, XA!’ para reivindicar unha cidade sen barreiras

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago de Compostela conta dende este mércores cun novo movemento cidadán centrado na defensa da accesibilidade universal. Trátase da ‘Plataforma Compostela, Accesible, XA!’, unha iniciativa que pretende visibilizar e combater as dificultades ás que se enfrontan a diario persoas con discapacidade, mobilidade reducida, maiores ou familias con carriños de bebés no municipio.

A proposta xorde co obxectivo de situar a accesibilidade como un eixo prioritario na planificación urbana e social da cidade. Segundo trasladan dende o colectivo, Santiago debe avanzar cara a un modelo máis inclusivo, adaptado ás necesidades da súa veciñanza e tamén á realidade dun destino internacional que recibe milleiros de visitantes cada ano.

A iniciativa está promovida por Diego Adrián Mallo, líder do partido UCIN Santiago, quen é actualmente usuario de cadeira de rodas debido a unha lesión. A súa experiencia persoal constitúe, segundo indican, un dos puntos de partida para impulsar esta plataforma e trasladar á esfera pública as limitacións existentes no día a día, algunhas das cales xa trasladara aos medios de comunicación durante a Semana Santa.

Entre as principais demandas do colectivo atópanse a eliminación de barreiras arquitectónicas en rúas, prazas e edificios públicos, así como a mellora dos itinerarios accesibles tanto no casco histórico como nos barrios. Tamén reclaman un incremento das prazas reservadas e un maior control do seu uso, ademais dun transporte público adaptado e eficaz.

A plataforma inclúe igualmente entre os seus obxectivos a creación de espazos culturais, festivos e deportivos accesibles, así como o impulso da participación real das persoas con discapacidade nos procesos de decisión municipal. A sensibilización social sobre a importancia da accesibilidade universal é outro dos eixes de traballo que pretenden desenvolver.

Dende o colectivo fan un chamamento aberto á cidadanía, ás asociacións e ás institucións para colaborar neste proxecto e avanzar nun modelo de cidade máis accesible. Neste sentido, sinalan que “a accesibilidade non beneficia só a uns poucos: beneficia a toda a sociedade”.

Nos vindeiros días, a plataforma prevé poñer en marcha accións públicas, campañas informativas e encontros veciñais, co fin de recoller propostas e trasladar demandas concretas ás administracións competentes.

ÚLTIMAS

As vítimas de Angrois vinculan o sinistro de Toledo coa falta dunha investigación independente do accidente de 2013

O portavoz da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, considera que a falta dunha...

O Concello destinará 1,2 millóns de euros á rehabilitación do Palacete do Espiño para usos públicos

O Concello de Santiago de Compostela investirá preto de 1,2 millóns de euros na...

Santiago acollerá por primeira vez a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas o 22 de novembro

Santiago de Compostela incorporarase este ano á Carreira das Cidades contra o Cancro de...

Santiago realiza un simulacro de accidente con catro feridos e un vehículo incendiado no túnel do Hórreo

O túnel do Hórreo foi escenario este martes, 27 de outubro, dun simulacro de accidente...

A CIG concéntrase en Santiago contra o “acoso laboral” en Monbus e reclama a readmisión de seis traballadores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizouse este martes, 27 de outubro, diante da estación...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Centos de persoas protestan en Santiago contra a participación de médicos israelís nun congreso internacional

Máis de 200 persoas concentráronse este xoves en Santiago de Compostela para rexeitar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here