InicioCULTURAMondra actuará na Praza da Quintana polo día grande da Ascensión

Mondra actuará na Praza da Quintana polo día grande da Ascensión

O artista compostelán encabezará a programación do 14 de maio nun concerto anunciado pola concelleira de Festas, Pilar Lueiro

Publicado o

Xornal de Compostela

O artista compostelán Mondra será un dos protagonistas das vindeiras Festas da Ascensión cun concerto previsto para o xoves, 14 de maio, na Praza da Quintana, coincidindo co día grande das celebracións. O anuncio foi realizado pola concelleira de Festas, Pilar Lueiro, xunto co propio músico a través das redes sociais.

No vídeo difundido, o cantareiro e bailador amosou a súa satisfacción por actuar nun dos espazos máis emblemáticos da cidade e convidou á cidadanía a participar no evento, sinalando que “será moi especial”. Ademais, avanzou que o espectáculo incluirá sorpresas para o público asistente.

O concerto chega nun momento de actividade destacada para o artista, que acaba de presentar ‘Mazarocas’, o seu novo sinxelo en colaboración con Baiuca. O tema publícase no marco dunha xira estatal iniciada o pasado 14 de marzo en Bilbao e que inclúe actuacións en cidades como Madrid, Barcelona, León, Zamora ou Uviéu, combinadas con concertos en Galicia.

TRAXECTORIA CONSOLIDADA

Mondra consolidouse nos últimos anos como unha das figuras destacadas da música galega actual. O seu primeiro álbum, ‘ARDĒN’ (2023), acadou recoñecemento tanto do público como da crítica e foi distinguido co Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica 2024, ademais do Premio Mestre Mateo ao Mellor Videoclip 2025 polo tema ‘MARIMONDRA’.

En maio de 2025 publicou o seu segundo traballo, ‘DE RONDA’, un proxecto que se desenvolve tamén no ámbito escénico a través da proposta ‘A RONDA’, baixo a dirección artística do coreógrafo Daniel Rodríguez. A montaxe combina voces, sintetizadores e percusión tradicional cunha proposta visual que incorpora tamén interpretacións de danza.

Nos seus directos, o artista está acompañado por unha banda formada por Artur Puga, Julia Sánchez-Biezma, Xabi Gómez e Saínza Piñeiro, ademais das intérpretes de danza Sabela Domínguez e Jandros Rodríguez.

Ao longo da súa traxectoria recente, Mondra superou o cento de concertos en diferentes escenarios, tanto en Galicia como fóra dela, cunha proposta que mestura tradición e contemporaneidade e que terá na Quintana unha nova cita destacada dentro das festas máis sinaladas de Compostela.

ÚLTIMAS

O novo transporte urbano de Santiago comezará a operar nun prazo máximo de tres meses

O novo servizo de transporte urbano de Santiago de Compostela deberá entrar en funcionamento...

Santiago pide a Augas de Galicia unha valoración técnica sobre a evolución da vertedura de Tordoia

O Concello de Santiago solicitou por escrito a Augas de Galicia información detallada sobre...

Pacientes do CHUS denuncian un “colapso” permanente nos accesos ao Clínico

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o “colapso” permanente dos accesos...

A CIG anuncia mobilizacións contra Monbus e reclama a readmisión dun traballador despedido tras a folga en Santiago

A CIG anunciou novas mobilizacións e accións penais contra o grupo Monbus para reclamar...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Aberto26 abrirá a tempada da arte contemporánea con exposicións simultáneas en nove galerías galegas

A cuarta edición de 'Aberto' celebrarase do 17 ao 19 de setembro cun programa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here