InicioCULTURAO Concello propón celebrar o Día das Letras Galegas cunha campaña en...

O Concello propón celebrar o Día das Letras Galegas cunha campaña en redes que reivindica a obra de Luísa Villalta

O consistorio local convida aos veciños a compartir en redes sociais os seus lugares favoritos da capital galega, ao mesmo tempo que se pon en valor a figura do poeta homenaxeada nesta edición. Precisamente, este luns o Concello de Santiago estrea conta en Instagram, que se inaugura con esta campaña.

Publicado o

Xornal de Compostela

Con motivo do Día das Letras Galegas, o Concello de Santiago lanzou a campaña ‘Andei por Santiago/pisando estrelas’ para reivindicar a obra de Luísa Villalta. Para iso, o consistorio local convida aos veciños a compartir en redes sociais os seus lugares favoritos da capital galega, ao mesmo tempo que se pon en valor a figura do poeta homenaxeada nesta edición. Precisamente, este luns o Concello de Santiago estrea conta en Instagram, que se inaugura con esta campaña.

As persoas que suban esa fotografía entrarán nun sorteo de 10 lotes de material cultural. “É importante porque fai referencia a esa estrela tan característica de Compostela e inclúe unha reflexión que a Luísa lle gustaba especialmente, que nomeemos os sitios polos que pasamos”, afirmou a alcaldesa, Goretti Sanmartín, en rolda de prensa. Tamén explicou que o xoves 16 de maio, ás 11.00 horas, lerase unha declaración institucional aprobada no pleno. Participarán portavoces municipais e as escritoras Marga Romeu e Esperanza Mariño, que lerán fragmentos da obra de Villalta.

Ademais dese acto institucional, haberá outras actividades como paseos guiados sobre “Compostela e as orixes da lingua” con 12 paradas. Os interesados poderán anotarse a eses paseos na páxina web delingua.santiagodecompostela.gal. Tamén hai programado o espectáculo ‘Made in Galiza’, o 17 e 18 de maio, a cargo de Sarabela Teatro. Así mesmo, o Teatro Principal acollerá o evento ‘Ritos de Resistencia’, un recital “multidisciplinar” no que haberá poesía, música e imaxe, e que terá no centro a poesía de Villalta. Será o día 18 ás 20.30 horas.

Por outra banda, nos centros socioculturais haberá talleres de creación literaria. Unha iniciativa en colaboración coa Escola de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) que conta co apoio da Deputación da Coruña. Así, a alcaldesa fixo un chamamento á poboación para que participe nestas actividades e reivindicou que o mellor que se pode facer pola lingua galega é “falala e ler a obra de escritoras e escritores”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...