InicioPOLÍTICAO PSOE de Santiago reclama a rehabilitación integral do centro de saúde...

O PSOE de Santiago reclama a rehabilitación integral do centro de saúde de Concepción Arenal

Aitor Bouza denuncia a situación das infraestruturas sanitarias e anuncia iniciativas no Parlamento galego

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral do PSOE de Santiago, Aitor Bouza, puxo o foco na situación das infraestruturas sanitarias da cidade e reclamou a rehabilitación integral do centro de saúde de ‘Concepción Arenal’, que cualificou como unha actuación “urxente” para garantir unha atención axeitada á cidadanía.

Durante unha rolda de prensa, Bouza enmarcou esta demanda dentro dunha “batería de iniciativas” do grupo socialista en materia sanitaria, nun contexto que describiu como de “colapso das urxencias, da atención primaria e das listas de espera”. Neste sentido, sinalou que a situación do centro de saúde compostelán evidencia unha “desatención absoluta á sanidade pública” por parte da Xunta de Galicia.

O dirixente socialista lembrou que o seu grupo xa presentou esta proposta como emenda aos orzamentos autonómicos, sen que prosperase. “O Partido Popular e o señor Borja Berea votaron en contra de que se fixera esa rehabilitación integral”, afirmou, ao tempo que asegurou que continuarán insistindo na necesidade desta intervención.

Bouza explicou que o PSOE levará de novo esta cuestión ao Parlamento galego con iniciativas específicas, nas que tamén se pedirá unha partida orzamentaria para o ano 2026. Segundo indicou, o obxectivo é que o centro conte con “condicións óptimas para atender ás persoas usuarias”, especialmente nun contexto de elevada demanda asistencial.

Ademais, criticou que no recente debate sobre o estado da autonomía non se producisen compromisos concretos para Santiago en materia sanitaria. “A sanidade pública segue sen ser unha prioridade para os veciños e veciñas de Compostela”, sostivo.

O secretario xeral socialista tamén lembrou outras demandas pendentes, como a construción dos centros de saúde comprometidos no Castiñeiriño e en O Castiño, e insistiu en que o seu partido manterá a presión institucional para mellorar os servizos públicos na cidade.

CRÍTICAS Á POLÍTICA MUNICIPAL

A preguntas dos medios, Bouza realizou unha primeira valoración sobre os datos turísticos recentes, apuntando a unha “falta de política de turismo evidente” por parte do goberno municipal. Segundo indicou, esta situación estaría a provocar que visitantes que chegan a Santiago opten por desprazarse a outras cidades.

O responsable socialista anunciou que o seu grupo realizará unha análise máis detallada na próxima semana, tras recoller información do sector. “Temos que facer unha diagnose conxunta coas asociacións para poñer medidas enriba da mesa”, explicou.

Bouza concluíu sinalando que o PSOE abordará esta cuestión de maneira específica, co obxectivo de definir propostas que respondan ás necesidades do sector turístico compostelán.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago declara en ruína unha vivenda en Caramoniña e sácaa a poxa pública

O Concello de Santiago acordou a declaración de ruína dunha vivenda situada no número...

O Concello de Teo debate en pleno extraordinario a planta de residuos proxectada en Cacheiras

O Concello de Teo celebra este xoves pola tarde un pleno extraordinario no que...

‘Compostela máis Solidaria’ arrinca a súa décima edición con actividades centradas na arte e o pensamento crítico

O programa 'Compostela máis Solidaria' celebrará desde este sábado a súa décima edición en...

O concurso do Conector Central avanza coa selección de cinco propostas finalistas

O proceso para a transformación do denominado Conector Central de Santiago de Compostela continúa...

O PSdeG denuncia a “parálise” na xestión dos aparcadoiros de Praza de Galicia e Praza de Vigo

A concelleira do Grupo Municipal Socialista en Santiago, Marta Abal, denunciou a situación de...

O Goberno local defende o cumprimento do Pacto polo rural fronte ás críticas

O Goberno municipal de Santiago reafirma o seu compromiso co 'Pacto polo rural', un...

O PP critica a xestión turística do goberno local e reclama máis planificación en Santiago

A concelleira do Partido Popular en Santiago, María Baleato, compareceu este martes en rolda...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here