InicioPOLÍTICAO PP denuncia o peche prolongado do centro sociocultural de Villestro e...

O PP denuncia o peche prolongado do centro sociocultural de Villestro e reclama a súa reapertura inmediata

O grupo popular critica a paralización das obras e a falta de explicacións do goberno local sobre a situación da rede de centros socioculturais

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, denunciou a situación da rede de centros socioculturais do municipio, asegurando que a súa xestión actual está a afectar tanto aos equipamentos urbanos como aos situados no rural. Segundo indicou, esta situación estaría a provocar a paralización de actividades promovidas polo propio Concello e a limitación do uso destes espazos por parte da veciñanza.

O edil puxo o foco no caso do centro sociocultural de Villestro, que, segundo explicou, leva “case ano e medio pechado”, sen previsión clara de reapertura. De la Fuente sinalou que os veciños non poden empregar estas instalacións nin para reunións nin para actividades comunitarias desde o inicio dunhas obras que, afirmou, acumulan atrasos e interrupcións.

De acordo coa información trasladada polo grupo popular, os traballos previstos neste centro —incluídos no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais— deberían ter comezado en novembro de 2024, mais iniciáronse a finais de xaneiro de 2025 e foron suspendidos en febreiro dese mesmo ano. “Non só comezaron con case tres meses de retraso, senón que foron paralizadas sen explicación algunha”, afirmou o concelleiro.

Antes do inicio das obras, o edificio presentaba diferentes deficiencias estruturais, entre elas infiltracións de auga, problemas de illamento térmico, fugas no pozo do ascensor e dificultades no acceso exterior en días de chuvia. Estas intervencións tiñan como prazo de execución febreiro de 2025.

Segundo indicou De la Fuente, o peche do centro está a ter un impacto directo na vida da parroquia, ao tratarse dun espazo utilizado para reunións veciñais e actividades dirixidas a distintos colectivos, como programas de lecer, obradoiros de memoria para persoas maiores ou propostas para a infancia.

O Partido Popular de Santiago solicitou ao goberno local que adopte medidas para rematar as obras e reabrir o centro, e que, mentres isto non sexa posible, habilite un espazo alternativo na parroquia para manter a actividade comunitaria.

Finalmente, o concelleiro sinalou que “os barrios e parroquias necesitan servizos e espazos públicos activos, non instalacións pechadas durante meses por mala xestión, desidia administrativa ou inacción política”, incidindo na necesidade de garantir o funcionamento destes equipamentos municipais.

ÚLTIMAS

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

O arcebispo de Santiago chama a recoñecer a dignidade de toda persoa na Ofrenda ao Apóstolo

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, fixo un chamamento este 25 de xullo...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here