InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO PSdeG reclama un plan específico para a conservación dos ríos Sar...

O PSdeG reclama un plan específico para a conservación dos ríos Sar e Sarela en Santiago

Marta Abal pide medidas preventivas fronte ás inundacións e maior transparencia nas actuacións

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Grupo Municipal Socialista en Santiago, Marta Abal, instou o Goberno local á elaboración e publicación dun plan específico de conservación e mantemento dos ríos Sar e Sarela, co obxectivo de previr inundacións e reducir os riscos para a veciñanza. A proposta foi presentada polos socialistas no pleno municipal do pasado mes de marzo, onde resultou aprobada.

A iniciativa xorde tras os episodios rexistrados nos últimos invernos, nos que o incremento do caudal destes cursos fluviais, asociado ás precipitacións intensas, provocou inundacións e danos en vivendas, especialmente na contorna da rúa Ponte Pereda, no barrio de Conxo. Segundo explicou Abal, estas situacións poñen de manifesto a necesidade de actuar con antelación, xa que “os troncos, pólas e material vexetal arrastrados polos ríos reducen a súa capacidade de drenaxe e agravan o risco de inundación”.

A concelleira advertiu de que Santiago conta con dúas zonas catalogadas como de risco potencial de inundación, un escenario que, segundo indicou, se ve agravado polo contexto climático actual. Neste sentido, sinalou que “as tarefas de mantemento habituais xa non son suficientes” para facer fronte a este tipo de episodios.

Desde o Grupo Municipal Socialista propoñen avanzar cara a medidas preventivas de maior alcance, así como reforzar a colaboración institucional. En particular, Abal reclamou a implicación de Augas de Galicia para actuar nas áreas máis vulnerables e “minguar os riscos para as persoas e os bens”.

Outro dos aspectos destacados pola concelleira foi a necesidade de mellorar a transparencia e o control das actuacións. Neste sentido, solicitou que o futuro plan contemple a publicación periódica dos traballos realizados, así como dos recursos destinados a estas tarefas.

“Santiago precisa planificación, prevención e información clara á cidadanía para facer fronte a un problema que vai a máis”, subliñou Abal.

Por último, a edil socialista avanzou que o seu grupo realizará un seguimento da iniciativa para garantir a posta en marcha de medidas “eficaces e sostidas no tempo” que permitan reducir o impacto das inundacións na cidade.

ÚLTIMAS

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

O arcebispo de Santiago chama a recoñecer a dignidade de toda persoa na Ofrenda ao Apóstolo

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, fixo un chamamento este 25 de xullo...

‘Compostella Expeditio’ recrea o Santiago medieval nunha experiencia de realidade virtual

A sede de Afundación en Santiago de Compostela acolle desde este martes 'Compostella Expeditio',...

Controlado o incendio de Brión tras queimar 4 hectáreas

O incendio forestal declarado na tarde do pasado martes no municipio coruñés de Brión...

Santiago converterá as galerías entre Rosalía de Castro e a Rúa Nova de Abaixo nunha galería de arte urbana

As galerías que comunican Rosalía de Castro coa Rúa Nova de Abaixo deixarán de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here