InicioPOLÍTICAAs concelleiras non adscritas defenden o seu voto na cuestión de confianza...

As concelleiras non adscritas defenden o seu voto na cuestión de confianza e critican a posición do PSOE de Santiago

Rosón asegura que a súa decisión evitou “perder un mes” sen cambio de goberno e pechou a porta a unha moción de censura

Publicado o

Xornal de Compostela

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago, a través de Mercedes Rosón, defenderon publicamente o seu voto favorable na cuestión de confianza á que se someteu a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e cuestionaron a postura mantida polo PSOE local durante o proceso.

Rosón sinalou que o Partido Socialista debería “poñerse de acordo” na súa valoración sobre a decisión adoptada polas edís, ao considerar que existen mensaxes contraditorias dentro da propia formación. Neste sentido, indicou que mentres o alcalde socialista de Ames, Blas García, “felicitou” a decisión, desde Santiago producíronse críticas por parte do deputado Aitor Bouza.

A concelleira non adscrita afirmou que Bouza amosou “descoñecemento sobre asuntos municipais”, ao tempo que diferenciou entre a aprobación dun orzamento e unha cuestión de confianza. Segundo explicou, o voto favorable non implica apoiar as contas municipais, coas que recoñece discrepancias, senón evitar unha situación de bloqueo institucional.

Non estabamos dispostas a facer perder o tempo á cidadanía cun mes no que non se ía promover un cambio de goberno”, indicou, ao tempo que resumiu a decisión como unha elección entre “enredar ou ir de cara”.

Rosón subliñou que a abstención do PSOE non permitía desbloquear a situación, mentres que o apoio das concelleiras non adscritas resultou determinante fronte aos votos en contra do Partido Popular. “Fomos conscientes de que a abstención non chegaba e votamos a favor”, explicou.

Na súa intervención, tamén asegurou que a votación da cuestión de confianza supuña “pechar a porta a unha moción de censura” durante o prazo dun mes que establece a normativa. Neste contexto, cuestionou a estratexia dos socialistas ao manterse na abstención e preguntouse se existía vontade de promover un cambio de goberno.

Ademais, Rosón rexeitou as insinuacións sobre posibles negociacións ocultas, defendendo que a decisión se tomou “con liberdade e responsabilidade”. “Outras non vivimos da política e podemos votar con coherencia e altura de miras”, afirmou.

Finalmente, criticou a actuación do PSOE compostelán, ao que acusou de manter unha postura incoherente ao longo do proceso e de non contribuír á resolución da situación institucional no Concello.

ÚLTIMAS

O novo transporte urbano de Santiago comezará a operar nun prazo máximo de tres meses

O novo servizo de transporte urbano de Santiago de Compostela deberá entrar en funcionamento...

Santiago pide a Augas de Galicia unha valoración técnica sobre a evolución da vertedura de Tordoia

O Concello de Santiago solicitou por escrito a Augas de Galicia información detallada sobre...

Pacientes do CHUS denuncian un “colapso” permanente nos accesos ao Clínico

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o “colapso” permanente dos accesos...

A CIG anuncia mobilizacións contra Monbus e reclama a readmisión dun traballador despedido tras a folga en Santiago

A CIG anunciou novas mobilizacións e accións penais contra o grupo Monbus para reclamar...

Pedro Blanco inicia unha rolda polos barrios de Santiago para elaborar propostas coa veciñanza

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, iniciou este martes '#ConversasDeBarrio', unha...

Verea comprométese a reducir a 30 días o pagamento aos provedores no primeiro ano de mandato

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, volveu situar os prazos de...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here