InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA corporación municipal pide por unanimidade retirada dos residuos da canteira de...

A corporación municipal pide por unanimidade retirada dos residuos da canteira de Miramontes e a súa restauración ambiental

O pleno municipal aproba por unanimidade unha declaración institucional que insta ás administracións a actuar con urxencia e con transparencia

Publicado o

Xornal de Compostela

A corporación municipal de Santiago de Compostela aprobou este xoves por unanimidade unha declaración institucional na que solicita á Xunta de Galicia e ao resto de administracións competentes que adopten “de forma inmediata” as medidas necesarias para garantir a retirada dos residuos depositados na canteira de Miramontes e a posterior recuperación ambiental da zona.

O acordo foi alcanzado antes da celebración do pleno, polo que a moción presentada polo Goberno local —integrado por BNG e Compostela Aberta— non chegou a ser debatida na sesión. A declaración contou co respaldo de todos os grupos con representación municipal: BNG, Compostela Aberta, PP, PSOE e as concelleiras non adscritas.

A iniciativa prodúcese despois de que, no pasado mes de febreiro, a Audiencia Provincial da Coruña ratificase a existencia dun delito contra o medio ambiente na explotación, vinculada á actividade da empresa Tecnosolos Galaicos. Neste contexto, a corporación considera “inaceptable” que a situación continúe sen unha solución definitiva desde o punto de vista ambiental.

No texto aprobado, o Concello asume as demandas trasladadas pola Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago e pola Plataforma de Afectadas pola Canteira de Miramontes. Entre as peticións, figura a elaboración dun calendario de actuacións con prazos concretos, así como a necesidade de informar con “transparencia” sobre o estado actual da canteira, os riscos ambientais existentes e as medidas técnicas previstas para evitar novos impactos durante o proceso de restauración.

A declaración tamén cualifica a situación da canteira como un “exemplo grave de degradación ambiental”, asociado á falta de control público e á desprotección da veciñanza ao longo dos anos. Ademais, lembra a implicación do propio Concello neste conflito, que chegou a trasladar o caso á Fiscalía.

DECLARACIÓN POLO DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO

Na mesma sesión, a corporación aprobou outra declaración institucional con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano, na que se subliña a necesidade de reforzar o compromiso das institucións para facer fronte ás desigualdades que afectan a este colectivo.

O texto sinala que problemáticas como a pobreza, o fracaso escolar, a desigualdade no acceso ao emprego ou a segregación residencial e educativa deben abordarse mediante políticas públicas e investimentos adecuados. Así mesmo, insta a ir máis aló das declaracións institucionais e a traballar para “garantir dereitos”.

ÚLTIMAS

Patricia Iglesias evita aclarar se será candidata en Santiago: “Non son das que me anticipo”

A deputada socialista Patricia Iglesias volveu descartar este luns confirmar se optará a ser...

A Xunta de Goberno aproba obras no rural, subvencións de igualdade e a nova licitación das escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns, 8 de xuño, diferentes...

O comercio local de Santiago celebra o ‘Prima 2026’ con actividades familiares, música e unha ruleta de agasallos

O Concello de Santiago celebrará do xoves 11 ao sábado 13 de xuño unha...

O PP pide a convocatoria urxente do Padroado de Bando pola situación do refuxio de animais

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, anunciou que o seu grupo...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...