InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA plataforma veciñal de Cacheiras critica a “pasividade” do Concello de Teo...

A plataforma veciñal de Cacheiras critica a “pasividade” do Concello de Teo ante unha planta de residuos próxima a vivendas

Os residentes convocan unha concentración coincidindo co pleno municipal e cuestionan a localización do proxecto promovido por unha empresa privada

Publicado o

Xornal de Compostela

A Plataforma Stop Planta de Residuos-Cacheiras, integrada por veciños e veciñas do municipio de Teo, manifestou o seu rexeitamento á actuación do goberno local ante o proxecto dunha planta de tratamento de residuos da construción e demolición prevista nunha zona próxima a vivendas unifamiliares.

O colectivo veciñal censura a “pasividade” do Concello, gobernado polo PP, despois de que este recoñecese recentemente que aínda non foi emitido o informe de viabilidade urbanística solicitado pola Consellería de Medio Ambiente. Segundo a plataforma, esta situación “non é neutralidade, é pasividade”, ao considerar que o executivo Consellería de Melocal tivo a oportunidade de posicionarse sobre aspectos como a idoneidade da parcela ou os accesos.

A protesta veciñal coincide coa convocatoria dunha concentración prevista para a tarde deste mércores, en paralelo á celebración do pleno municipal, co obxectivo de amosar o seu desacordo coa posible instalación da planta entre as aldeas de Feros e A Torre.

Pola súa banda, o goberno municipal encabezado por Lucía Calvo da Uz sinalou nun comunicado que a autorización deste tipo de infraestruturas corresponde á Administración autonómica, polo que non entra dentro das competencias directas do Concello. Fronte a esta posición, a plataforma considera que a administración local “optou por non exercer un papel activo de información, contraste e defensa da poboación afectada”.

En relación coa finalidade da planta, desde o Concello apuntouse que permitiría “pechar o ciclo de vida útil dos materiais da construción” e contribuír á redución de emisións e residuos contaminantes. Porén, os veciños replican que presentar a instalación como un punto limpo “é unha forma de restar importancia ao que realmente se pretende implantar”.

A plataforma incide en que o principal conflito reside na localización da actividade nunha contorna rural con vivendas próximas, advertindo de posibles afeccións como ruído, emisión de po, incremento do tráfico pesado e impacto visual. Neste sentido, reclaman unha maior implicación municipal e cuestionan que o Concello “non pode esconderse detrás da Xunta e, ao mesmo tempo, saír publicamente a defender o proxecto”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Catedral de Santiago e San Martiño Pinario abrirán as súas bibliotecas ao público con visitas guiadas este venres

O patrimonio bibliográfico de Santiago de Compostela será protagonista este venres 23 de outubro,...

Santiago acollerá en 2027 o Foro Consultivo Anual dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa

Santiago de Compostela será a sede en outubro de 2027 do Foro Consultivo Anual...