InicioPOLÍTICAOs socialistas tamén apoiarán a moción sobre a canteira de Miramontes

Os socialistas tamén apoiarán a moción sobre a canteira de Miramontes

Co voto a favor do PSOE, xunto co das non adscritas e do goberno, a moción quedaría aprobada independentemente da postura dos populares

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago anunciou tamén esta mañá o seu apoio á moción conxunta presentada polo BNG e Compostela Aberta en relación coa situación da canteira de Miramontes, na parroquia de Grixoa, tras a recente sentenza xudicial que confirma a existencia dun delito contra o medio ambiente.

A concelleira socialista Marta Abal sinalou en declaracións a Xornal de Compostela que a resolución xudicial supón a constatación de feitos que a veciñanza leva tempo denunciando. Segundo indicou, a sentenza acredita “incumprimentos ambientais graves, acumulación de residuos e afección ao solo e ás augas”, polo que considera necesario adoptar medidas inmediatas.

Neste contexto, o PSOE defende que as administracións competentes deben actuar sen dilacións, especialmente a Xunta de Galicia, á que atribúe a responsabilidade de executar as actuacións necesarias. Abal insistiu en que “agora xa non valen excusas nin demoras” e reclamou a retirada dos residuos acumulados, a restauración da zona afectada e a adopción de garantías que eviten novos impactos ambientais.

A concelleira advertiu ademais de que o caso de Miramontes non pode quedar sen consecuencias e subliñou a necesidade de ofrecer respostas claras á cidadanía. Neste sentido, afirmou que “o de Miramontes non pode quedar nun caso máis”, en referencia á reiteración de problemas ambientais asociados a este tipo de instalacións.

Desde o grupo socialista tamén puxeron o foco no papel da veciñanza, que durante anos trasladou as súas preocupacións sobre a actividade na canteira. Abal destacou que a intervención xudicial evidencia unha falla nos mecanismos de control administrativo, ao indicar que “é un exemplo de que algo falla cando ten que ser a xustiza a que confirme o que levan advertindo desde o territorio as veciñas e veciños”.

ÚLTIMAS

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here