InicioSOCIEDADEA migración forzada por factores ambientais, a debate en Santiago o martes...

A migración forzada por factores ambientais, a debate en Santiago o martes 17 de marzo

Expertos debaterán na USC sobre o aumento dos eco-refuxiados e a falta de recoñecemento legal destas migracións

Publicado o

Xornal de Compostela

O vindeiro martes 17 de febreiro celebrarase no Centro de Estudos Avanzados de Santiago a xornada ‘Cambio climático e Mobilidades humanas’, unha iniciativa centrada na análise da migración forzada por factores ambientais. A actividade enmárcase no proxecto de investigación Eco-RefugLit, desde o que se advirte de que fenómenos como a degradación ambiental ou os episodios meteorolóxicos extremos non están contemplados no marco xurídico actual do dereito de asilo, a pesar do aumento previsto de eco-refuxiados nas próximas décadas.

Durante a sesión matinal, que se desenvolverá entre as 10.00 e as 14.00 horas, o profesor da Universidade de Santiago de Compostela e experto en historia ambiental Marco Armiero ofrecerá unha conferencia. Previamente, Jorge Sacido e Noemí Pereira presentarán aos asistentes o proxecto Eco-RefugLit. A xornada concluirá cun coloquio titulado ‘Migracións forzadas polo cambio climático’, no que se abordarán as implicacións sociais, ambientais e xurídicas deste fenómeno. Xa pola tarde, na Facultade de Filoloxía da USC, está prevista a proxección do documental ‘Bolboretas negras’, seguida dun coloquio no que participará o seu director, o cineasta tinerfeño David Baute.

Segundo indicaron desde a organización, a migración forzada por motivos bélicos, relixiosos ou ambientais medrou “exponencialmente” no que vai de século, sendo o caso dos eco-refuxiados especialmente preocupante pola ausencia dun marco legal específico que os recoñeza. A asistencia á xornada é aberta ao público ata completar aforo. As inscricións estarán dispoñibles ata o luns anterior ás 14.00 horas a través dun formulario en liña.

ÚLTIMAS

O Concello defende que baixa o número de animais en Bando e xustifica a suspensión da selección da dirección por unha dúbida legal

O Concello de Santiago respondeu ás críticas do Partido Popular sobre a situación do...

Patricia Iglesias evita aclarar se será candidata en Santiago: “Non son das que me anticipo”

A deputada socialista Patricia Iglesias volveu descartar este luns confirmar se optará a ser...

A Xunta de Goberno aproba obras no rural, subvencións de igualdade e a nova licitación das escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns, 8 de xuño, diferentes...

O comercio local de Santiago celebra o ‘Prima 2026’ con actividades familiares, música e unha ruleta de agasallos

O Concello de Santiago celebrará do xoves 11 ao sábado 13 de xuño unha...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...