InicioPOLÍTICAO PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

Gumersindo Guinarte critica a falta de previsión do executivo local e advirte de que a cidade podería afrontar outra primavera sen estes servizos en funcionamento

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre o futuro das cafeterías situadas en varios parques municipais, despois de que o concurso para a súa explotación quedase deserto o pasado verán. O concelleiro socialista Gumersindo Guinarte advertiu de que, a poucos días da chegada da primavera, a situación segue sen resolverse e todo apunta a que estes espazos continuarán pechados.

Segundo explicou o edil, o ano pasado o procedemento de contratación para os establecementos situados nos parques Eugenio Granell, A Granxa do Xesto e O Berce das Aves non se tramitou con suficiente antelación. Isto provocou, segundo indicou, que o proceso de licitación quedase deserto no verán, un momento no que a actividade xa estaba avanzada.

Guinarte sostén que esta situación non responde a unha circunstancia puntual, senón á falta de planificación na tramitación do contrato. O concelleiro lembrou que as empresas interesadas neste tipo de servizos necesitan contar cun período amplo de actividade, especialmente durante os meses de primavera e verán, que son os que concentran a maior afluencia de persoas aos parques.

As empresas que poden estar interesadas neste servizo precisan que se licite con tempo suficiente para traballar e obter rendibilidade económica durante a primavera e o verán“, sinalou o concelleiro socialista, que insistiu en que estes establecementos ofrecen un servizo demandado pola veciñanza.

Desde o Goberno municipal, segundo explicou Guinarte, comprometeranse no seu momento a volver convocar o concurso nun prazo breve. Non obstante, o grupo socialista asegura que ata o momento non existe información pública sobre o estado do proceso nin sobre cando se retomará a licitación.

Ante esta situación, o PSOE preguntará no pleno cando prevé o executivo local iniciar o novo procedemento de contratación, co obxectivo de que as cafeterías poidan abrir na tempada con maior actividade e resulten atractivas para posibles concesionarias.

O grupo municipal considera que, se a licitación continúa atrasándose, Santiago podería afrontar un novo período de primavera e verán sen estes servizos en funcionamento, malia tratarse de espazos frecuentados pola cidadanía.

ÚLTIMAS

Pacientes do CHUS denuncian un “colapso” permanente nos accesos ao Clínico

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o “colapso” permanente dos accesos...

A CIG anuncia mobilizacións contra Monbus e reclama a readmisión dun traballador despedido tras a folga en Santiago

A CIG anunciou novas mobilizacións e accións penais contra o grupo Monbus para reclamar...

A néboa e o vento obrigan a desviar sete voos con destino a Santiago

As condicións meteorolóxicas complicaron este martes pola tarde a operativa do aeroporto de Santiago-Rosalía...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

Pedro Blanco inicia unha rolda polos barrios de Santiago para elaborar propostas coa veciñanza

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, iniciou este martes '#ConversasDeBarrio', unha...

Verea comprométese a reducir a 30 días o pagamento aos provedores no primeiro ano de mandato

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, volveu situar os prazos de...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here