InicioSen categorizarSantiago levará á Xunta de Goberno a proposta para declarar a cidade...

Santiago levará á Xunta de Goberno a proposta para declarar a cidade zona de mercado residencial tensionado

O executivo municipal prevé aprobar o documento o luns 9 de marzo tras rematar os informes técnicos elaborados polo departamento de Urbanismo

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou que o Goberno local presentará na Xunta de Goberno do próximo luns, 9 de marzo, a proposta para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado. A iniciativa chega despois de que o departamento municipal de Urbanismo completase os traballos técnicos necesarios para formular esta solicitude.

A rexedora fixo este anuncio diante dos medios de comunicación tras participar no acto institucional de lectura da declaración da Corporación municipal polo 8M, Día Internacional da Muller, no que tamén se realizou a entrega do Premio Xohana Torres.

Segundo explicou Sanmartín, os informes e documentación necesarios para iniciar o procedemento xa están finalizados, polo que o seguinte paso será a súa aprobación no órgano de goberno municipal. A alcaldesa indicou que será o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, quen detalle publicamente o contido da proposta unha vez sexa presentada formalmente.

A declaración de zona de mercado residencial tensionado é unha figura prevista na normativa estatal de vivenda e permite ás administracións aplicar medidas específicas para actuar sobre o mercado do alugueiro, co obxectivo de conter os prezos e mellorar o acceso á vivenda.

Tras a aprobación municipal, o documento deberá ser remitido á Xunta de Galicia, que é a administración competente para validar esta declaración. Neste sentido, Sanmartín manifestou a súa expectativa de que o procedemento avance con celeridade: “Esperemos que se sexa aprobada de maneira rápida pola propia Xunta”, sinalou.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Erguer convoca unha asemblea na Facultade de Dereito tras a aprobación dos novos horarios do grao

O sindicato estudantil Erguer vén de convocar unha asemblea aberta do estudantado da Facultade...

O PP de Santiago denuncia o deterioro da Rúa do Carballo e reclama actuacións inmediatas

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, visitou a Rúa do Carballo,...

Compostela inicia a organización dos actos do Orgullo LGBTIQ+ previstos para finais de xuño

O grupo de traballo LGBTIQ+, dependente do Consello Municipal de Igualdade, comezou xa os...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here