InicioPOLÍTICAAlfonso Rueda evita confirmar a Paula Prado como candidata en Santiago e...

Alfonso Rueda evita confirmar a Paula Prado como candidata en Santiago e afirma que o PPdeG elixirá “os mellores”

O presidente da Xunta sinala que o obxectivo é "ser a lista máis votada" e apunta ao "esgotamento evidente" do goberno local que lidera Goretti Sanmartín

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, foi preguntado este luns sobre a posibilidade de que a actual secretaria xeral do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, poida ser candidata á Alcaldía de Santiago nas próximas eleccións municipais, en substitución do actual portavoz municipal, Borja Verea.

Rueda evitou pronunciarse sobre nomes concretos e non confirmou ningún cambio na candidatura compostelá. “Nós saímos ou polo menos tentamos saír a gañar e a ser a lista máis votada en todos os concellos. Por tanto, os candidatos que eliximos van con ese obxectivo e tentaremos escoller aos mellores”, afirmou ao ser interpelado polos medios.

REFERENCIA Á SITUACIÓN DO GOBERNO LOCAL

Na súa resposta, o presidente da Xunta introduciu tamén unha valoración sobre a situación política en Santiago. Segundo indicou, o “esgotamento evidente” que aprecia na cidade dáse “non precisamente na oposición, senón no equipo de goberno”, encabezado pola alcaldesa Goretti Sanmartín, do Bloque Nacionalista Galego.

Deste xeito, Rueda situou o foco na xestión do executivo municipal e evitou entrar en comparacións internas dentro do seu partido sobre posibles alternativas á candidatura na capital.

ÚLTIMAS

A CIG anuncia mobilizacións contra Monbus e reclama a readmisión dun traballador despedido tras a folga en Santiago

A CIG anunciou novas mobilizacións e accións penais contra o grupo Monbus para reclamar...

A néboa e o vento obrigan a desviar sete voos con destino a Santiago

As condicións meteorolóxicas complicaron este martes pola tarde a operativa do aeroporto de Santiago-Rosalía...

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Pedro Blanco inicia unha rolda polos barrios de Santiago para elaborar propostas coa veciñanza

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, iniciou este martes '#ConversasDeBarrio', unha...

Verea comprométese a reducir a 30 días o pagamento aos provedores no primeiro ano de mandato

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, volveu situar os prazos de...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here