InicioSUCESOSDúas menores resultan feridas tras un atropelo na rúa do Restollal en...

Dúas menores resultan feridas tras un atropelo na rúa do Restollal en Santiago

O suceso obrigou a mobilizar servizos sanitarios, Policía Local, bombeiros e Protección Civil pouco antes das 18:00

Publicado o

Xornal de Compostela

Dúas nenas resultaron feridas este martes despois de sufrir un atropelo na rúa do Restollal, en Santiago de Compostela, segundo informou o servizo de emerxencias 112 Galicia.

O aviso produciuse arredor das 17:50, cando un particular contactou coa Central de Emerxencias para alertar do accidente. Segundo trasladou, o vehículo implicado quedara na vía e interrompía a circulación na zona.

Tras recibir a chamada, o 112 mobilizou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que procedeu á evacuación das dúas menores a un centro hospitalario. Ata o lugar desprazáronse tamén efectivos da Policía Local de Santiago, así como os bombeiros da cidade e membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

As circunstancias concretas nas que se produciu o atropelo non transcenderon polo momento. A intervención dos distintos equipos permitiu atender ás persoas afectadas e restablecer a circulación na rúa do Restollal.

ÚLTIMAS

Ferroglobe solicita ampliar un 30% a mina de Serrabal entre Vedra e Boqueixón

Ferroglobe, a antiga Ferroatlántica, iniciou os trámites para ampliar a superficie da mina de...

Santiago expón o seu modelo urbano ante unha delegación da Academia China de Ciencias Sociais

O modelo de cidade de Santiago de Compostela centrou este xoves unha reunión entre...

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

A luz queda restablecida no centro de Santiago tras unha avaría que afectou a uns 200 usuarios

A subministración eléctrica quedou completamente restablecida este venres no centro de Santiago despois dunha...

Dous feridos logo de envorcar o seu vehículo e quedar atrapadas no seu interior en Santiago

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nun accidente no coche co que circulaban por...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...