InicioSANTIAGOAMESO programa 'Modo galego, actívao!' da RAG e Concello de Ames ampliado...

O programa ‘Modo galego, actívao!’ da RAG e Concello de Ames ampliado a Infantil

En concreto, familias e persoal das escolas infantís municipais de Milladoiro e Bertamiráns súmanse "a unha experiencia singular de promoción e análise do galego na infancia", explican ambas as institucións

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames e a Real Academia Galega (RAG) estenden ao primeiro ciclo de infantil o programa ‘Modo galego, actívao!’, á vez que reforzarán as actividades formativas para familias e educadores.

En concreto, familias e persoal das escolas infantís municipais de Milladoiro e Bertamiráns súmanse “a unha experiencia singular de promoción e análise do galego na infancia”, explican ambas as institucións.

‘Modo galego, actívao!’ comeza esta semana con senllas charlas dirixidas ás comunidades educativas dos dous centros impartidas polo escritor, divulgador e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Manuel Núñez.

“O reto da inmersión lingüística”, sinalan, comezará o 13 de maio “co propósito de animar a máis de 2.000 nenos e nenas de nove centros educativos a empregar o galego polo menos durante tres semanas en todos os contextos da vida”.

ÚLTIMAS

Os Tédax destrúen en Santiago un proxectil que podería proceder da Guerra Civil

Especialistas do grupo de técnicos especialistas en desactivación de artefactos explosivos, os Tédax da...

Santalices exercerá por cuarta vez como delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo

A Catedral de Santiago acollerá este sábado, 25 de xullo, a tradicional Ofrenda Nacional...

O PSdeG pide unha homenaxe institucional para Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo

O Grupo Municipal Socialista proporá que o Concello de Santiago organice unha homenaxe institucional...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...