InicioSANTIAGOAMESAmes presenta un estudo que delimita as zonas con risco de inundación...

Ames presenta un estudo que delimita as zonas con risco de inundación en Bertamiráns

O Concello impulsa un plan de protección civil e unha aplicación web dentro do proxecto 'Ames Dixital Water', financiado con fondos europeos

Publicado o

Xornal de Compostela
O salón de plenos da Casa do Concello de Ames acolleu este martes a presentación do estudo de detalle de inundación en Áreas de Risco Potencial e Significativo de Inundación (ARPSIs) e do Plan municipal de protección civil fronte ao risco de inundacións, dous documentos técnicos que buscan reforzar a capacidade de resposta do municipio ante episodios de cheas.

A exposición correu a cargo de persoal da empresa santiaguesa Brétema Ingeniería S.L., adxudicataria do contrato por un importe de 40.474,50 euros (IVE incluído), o que supón unha redución do 18,6% respecto do orzamento base de licitación, fixado en 49.731,00 euros.

No acto estiveron presentes o alcalde de Ames, Blas García; o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto; o concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo; así como persoal técnico municipal, representantes da EPEL Augas de Ames, Policía Local, Brigada municipal de Obras, Agrupación de Protección Civil e da empresa concesionaria Urbaser.

O contrato inclúe dúas actuacións complementarias. Por unha banda, realizouse unha modelización hidráulica bidimensional da zona inundable, coa identificación de puntos críticos en distintos escenarios de risco. Por outra, elaborouse un plan operativo de resposta ante emerxencias, que integra a normativa vixente —INUNGAL, PXRI e o Real decreto 903/2010— e define os protocolos de actuación en caso de inundación.

O estudo centrouse especialmente en Bertamiráns, xa que as ARPSIs deste núcleo están clasificadas no grupo IV da escala de medición, o que implica alta perigosidade e potencial de danos na contorna. A análise permitiu delimitar as áreas máis expostas e formular medidas correctoras orientadas á prevención e á planificación.

Segundo se explicou durante a presentación, o obxectivo é reforzar a resiliencia do municipio fronte ás inundacións, avanzar na dixitalización da xestión do risco e aliñar as políticas locais cos criterios ambientais e tecnolóxicos establecidos polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Entre as ferramentas previstas inclúese unha aplicación web, que se poñerá a disposición da cidadanía nas vindeiras semanas. A través dela poderanse consultar as zonas potencialmente afectadas por inundacións e as áreas ás que non se poderá acceder en caso de episodios adversos.

Esta plataforma permitirá visualizar o comportamento do municipio ante diferentes escenarios, facilitando información útil tanto para a veciñanza como para os servizos de emerxencia.

O estudo e o plan forman parte do proxecto ‘Ames Dixital Water’, unha iniciativa orientada á transformación integral do sistema de abastecemento e saneamento do concello. O programa está financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia mediante fondos NextGenerationEU, dentro do PERTE de Dixitalización do Ciclo da Auga.

O investimento global ascende a 1.356.375,49 euros. Deste importe, o 83,40% —1.131.309,77 euros— está financiado con fondos europeos, mentres que o 16,60% restante —225.065,72 euros— procede de recursos municipais.

Ademais do estudo de inundabilidade e do plan de protección civil, o Concello xa adxudicou contratos para o inventario das redes de abastecemento e saneamento, a mellora do sistema de abastecemento municipal e a elaboración dun estudo para o saneamento e depuración de pequenos núcleos.

A través destas actuacións, o goberno local pretende avanzar cara a unha xestión máis eficiente e eficaz do ciclo integral da auga, desde a captación ata a reutilización, coa intención de mellorar a planificación, optimizar recursos e consolidar un modelo de gobernanza da auga aplicable a contornos semiurbanos con retos semellantes.

ÚLTIMAS

Santiago realiza un simulacro de accidente con catro feridos e un vehículo incendiado no túnel do Hórreo

O túnel do Hórreo foi escenario este martes, 27 de outubro, dun simulacro de accidente...

A CIG concéntrase en Santiago contra o “acoso laboral” en Monbus e reclama a readmisión de seis traballadores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizouse este martes, 27 de outubro, diante da estación...

Unha saída de vía na AP-9 en Santiago obriga a cortar temporalmente un carril

Un accidente de tráfico rexistrado este martes na autoestrada AP-9, ao seu paso polo...

Verea comprométese a mellorar as condicións laborais do SAF de Santiago sen municipalizar o servizo

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse este martes a mellorar...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Mehdi Elnabaoui e Sandra Mosquera gañan a XXV Carreira Pedestre de Ames entre máis de 1.200 inscritos

A XXV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames celebrouse este domingo, 18 de outubro,...

A muller que apuñalou a un home en Ames en febreiro acepta tratar o seu consumo de drogas a cambio de non ir a...

A muller acusada de tentativa de homicidio por apuñalar un home en Bertamiráns, en...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here