InicioPOLÍTICAO PP reclama unha actuación urxente ante o deterioro da antiga oficina...

O PP reclama unha actuación urxente ante o deterioro da antiga oficina de turismo da rúa Ramón Piñeiro

Constenla alerta de riscos para a seguridade e da inquedanza veciñal polo estado do inmoble, situado preto dun parque infantil e dun centro educativo

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular no Concello de Santiago, José Antonio Constenla, reclamoulle ao goberno municipal de BNG e CA que adopte medidas “de forma urxente” para resolver o estado de abandono da antiga oficina de turismo, actualmente situada na rúa Ramón Piñeiro.

Segundo explicou o edil popular, a situación actual do inmoble supón un risco para a seguridade das persoas, especialmente para as nenas e nenos que xogan nas inmediacións e para os viandantes que transitan a diario pola zona. Constenla instou ao executivo local a definir o futuro desta instalación e a intervir para evitar posibles accidentes.

O concelleiro lembrou que a estrutura, deseñada polo arquitecto Jorge Pegedelles, fora instalada con carácter provisional na Praza de Galicia, onde funcionou como punto de información turística desde o Xacobeo 2023. Tras o seu traslado á actual localización, afirmou, quedou sen uso e sen mantemento, o que provocou un deterioro progresivo do conxunto.

Constenla sinalou que no estado actual poden observarse elementos metálicos oxidados e cortantes, así como cristais rotos, sen que exista ningún tipo de peche que impida o acceso ao interior da estrutura. Ao seu xuízo, esta situación incrementa o perigo e evidencia a falta de actuación municipal sobre un inmoble que considera “case irrecuperable”.

Ademais, o edil popular fixo referencia ás advertencias trasladadas pola veciñanza, que alertan da entrada e saída de persoas da antiga oficina e de comportamentos que poderían indicar posibles actividades ilícitas no seu interior. Segundo indicou, estas circunstancias xeran unha crecente preocupación veciñal, ao atoparse o inmoble a escasos metros dun parque infantil e dun centro educativo.

Desde o PP reclaman ao goberno local que avalíe a situación e actúe con celeridade, tanto para garantir a seguridade no espazo público como para dar unha solución definitiva ao futuro da antiga oficina de turismo.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

O Concello presiona a adxudicataria para reactivar as obras da rúa García Lorca

O Concello de Santiago manterá a presión sobre a empresa responsable das obras da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here