InicioCULTURAO Centro Dramático Galego inicia os ensaios de 'Hamlet' con estrea prevista...

O Centro Dramático Galego inicia os ensaios de ‘Hamlet’ con estrea prevista para marzo en Santiago

A produción central do CDG para este ano ofrece unha versión galega do clásico de Shakespeare dirixida por Tito Asorey e cun elenco de 16 intérpretes

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Galicia iniciou no Centro Dramático Galego os ensaios de Hamlet, a nova produción propia da unidade teatral da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para este ano. A montaxe, dirixida escenicamente por Tito Asorey, estrearase o vindeiro 19 de marzo no Salón Teatro.

O proxecto propón unha versión galega do clásico de William Shakespeare, asinada polo propio Asorey xunto a Vanesa Sotelo. Trátase dunha montaxe de gran formato que se integra na liña programática do CDG de incorporar ao galego títulos fundamentais da dramaturxia universal. Hamlet, publicado en 1603, é unha das obras máis representadas e traducidas da historia do teatro.

O actor vigués Alejandro Jato encarna o papel principal nesta produción, acompañado por un elenco formado por Sergio Abelaira, Cristina Andrade, Belén Constenla, Raquel Espada, Isabel Garrido, César Goldi, Marita Martínez, Iolanda Muíños, Anxo Outumuro, Pedro Placer, Adrián Ríos, Machi Salgado, Toni Salgado, Inés Salvado Gontad e Sergio Zearreta. A selección do reparto realizouse mediante un proceso de audicións ao que se presentaron máis de 300 profesionais.

No equipo artístico figuran tamén Carlos Alonso na escenografía, Laura Iturralde na iluminación, Saturna no vestiario, Xavier Bértolo no espazo sonoro, Lorena Calvo na maquillaxe e caracterización, Rut Balbís no movemento escénico e coreografía, Xosé Piñeiro na loita escénica, Melania Cruz na asistencia de texto, Rosa Moledo no asesoramento lingüístico e Sara Rey como axudante de dirección.

As funcións de Hamlet desenvolveranse de mércores a domingo ata o 3 de maio. A venda anticipada de localidades xa está dispoñible na web entradas.ataquilla.com e no despacho de billetes do Salón Teatro nos días de apertura.

De maneira paralela aos ensaios, o Centro Dramático Galego mantén en cartel e en xira Memorias dun neno labrego, espectáculo dirixido por Cándido Pazó a partir da obra de Xosé Neira Vilas. A produción, estreada o pasado 8 de xaneiro, poderá verse de novo no Salón Teatro do 11 ao 15 de febreiro e visitará, nunha primeira distribución, Vimianzo (30 de xaneiro), Nigrán (1 de febreiro), Lugo (5 de febreiro), Ribeira (6 de febreiro), Vilalba (7 de febreiro), Rianxo (18 de febreiro), Monforte de Lemos (19 de febreiro), O Barco de Valdeorras (20 de febreiro) e Carballo (21 de febreiro).

ÚLTIMAS

Rosa Crujeiras, Maite Flores, María José López Couso e Alba Nogueira comezan a campaña loitando pola reitoría

A campaña electoral á reitoría da USC deu comezo hoxe, 27 de xaneiro, coa...

A borrasca Joseph derruba árbores, muros e postes, e descolga cables en varias rúas de Santiago

Santiago viuse afectada por distintas incidencias relacionadas coa meteoroloxía entre as 16.00 horas do...

A Real Filharmonía de Galicia presenta o programa ‘Ao lonxe’ con Raquel Areal como solista convidada

A Real Filharmonía de Galicia vén de presentar ‘Ao lonxe’, un novo programa da...

O PP denuncia o deterioro do asfaltado na avenida do Burgo das Nacións e anuncia unha iniciativa no Pleno

A concelleira do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero, vén de denunciar o estado...

A Real Filharmonía de Galicia presenta o programa ‘Ao lonxe’ con Raquel Areal como solista convidada

A Real Filharmonía de Galicia vén de presentar ‘Ao lonxe’, un novo programa da...

Bodegas Lodeiros logra tres pratas no International Wine Challenge na cuarta edición de Galicia Avanza

O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas innovadoras e/ou de base...

O Concello de Santiago abre o prazo para participar no desfile-concurso do Entroido 2026

O Concello de Santiago de Compostela abriu este venres o prazo de inscrición para...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here