InicioSANTIAGOYépez e Guillén aceptan 11 anos de prisión polo crime do carniceiro...

Yépez e Guillén aceptan 11 anos de prisión polo crime do carniceiro Antonio Costa

O acordo entre as partes evita a celebración do xuízo con xurado polo crime ocorrido na Praza de Abastos en novembro de 2024

Publicado o

Xornal de Compostela

Os dous homes acusados do coñecido como crime do placeiro de Santiago, Carlos Yépez Núñez e Kevin Freangeddy Martín Guillén, aceptaron unha pena de 11 anos e medio de prisión por un delito de homicidio, tras alcanzar un acordo entre as partes este luns, xusto antes da constitución do xurado popular.

Segundo explicou Luciano Prado, avogado da familia da vítima, á condena de prisión engádese unha multa por un delito de lesións, cinco anos de liberdade vixiada unha vez cumprida a pena de cárcere e unha responsabilidade civil de 580.000 euros. O maxistrado ditou sentenza in voce tras o acordo, polo que ambos os acusados xa están condenados.

O letrado sinalou que o resultado é satisfactorio para a familia, xa que existían “serias dúbidas” de que, no caso de celebrarse o xuízo, algún dos procesados puidese recibir “unha pena bastante inferior”. Inicialmente, o Ministerio Fiscal solicitaba para cada un dos acusados 14 anos de prisión por homicidio, con inhabilitación absoluta, ademais de dous anos de cárcere por un delito de lesións.

A primeira sesión do xuízo estaba prevista para este martes, coa declaración dos procesados e o inicio das testificales, pero o acordo evitou a súa celebración.

OS FEITOS

Os feitos ocorreron o 12 de novembro de 2024, arredor das 04:30, na Praza de Abastos de Santiago. Segundo o relato recollido no procedemento, os dous acusados iniciaron unha discusión co propietario dunha carnicería, que continuou no interior do recinto.

Durante a pelexa, ambos os procesados forcexearon coa vítima e cun vixiante de seguridade que acudira tras ser alertado polo placeiro. No transcurso do enfrontamento, a vítima colleu un haragán de limpeza, co que posteriormente un dos acusados lle golpeou na cabeza. O propietario da carnicería faleceu como consecuencia das lesións, mentres que o vixiante de seguridade resultou ferido.

Tras os feitos, os dous homes emprenderon a fuxida polas rúas da cidade ata chegar aos seus domicilios, onde foron detidos horas despois. Desde entón permanecían en prisión provisional, situación que se mantén agora tras a condena firme derivada do acordo xudicial.

ÚLTIMAS

Os CEIP e escolas unitarias de Santiago abren o curso con 4.299 escolares

O curso escolar comezou este mércores en Santiago con 4.299 nenos e nenas matriculados...

A USC dá por controlada a situación no San Clemente e agarda unha avaliación técnica para decidir as obras

A Universidade de Santiago de Compostela considera controlada a situación no Colexio Maior San Clemente...

Sanmartín evita entrar nas críticas de Pedro Blanco e pídelle que facilite a chegada directa de fondos de vivenda a Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, evitou este mércores entrar nun intercambio de declaracións...

A USC asegura o Colexio Maior San Clemente tras desprenderse parte da cornixa e da cuberta

A Universidade de Santiago de Compostela iniciou actuacións de urxencia no Colexio Maior San Clemente,...

Os CEIP e escolas unitarias de Santiago abren o curso con 4.299 escolares

O curso escolar comezou este mércores en Santiago con 4.299 nenos e nenas matriculados...

A USC dá por controlada a situación no San Clemente e agarda unha avaliación técnica para decidir as obras

A Universidade de Santiago de Compostela considera controlada a situación no Colexio Maior San Clemente...

A USC crea o programa Fénix para recuperar investigadores Ramón y Cajal perdidos por un erro na convocatoria

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) deu o visto...