InicioECONOMÍAO Concello publicará no BOP a nova documentación da zona residencial tensionada

O Concello publicará no BOP a nova documentación da zona residencial tensionada

O trámite abrirá un novo período de exposición pública de 20 días hábiles antes de remitir a solicitude á Xunta e ao Ministerio

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago publicará o vindeiro luns no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a nova documentación da solicitude para a declaración de zona de mercado residencial tensionado na cidade. Con esta publicación iniciarase un novo trámite de exposición pública, durante o cal a cidadanía poderá presentar alegacións.

Así o avanzou o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, ao ser preguntado polos medios nunha rolda de prensa celebrada este xoves. Segundo explicou, o prazo para formular alegacións será de 20 días hábiles, polo que, de acordo co calendario previsto, o proceso rematará a mediados do mes de febreiro.

O edil lembrou que no anterior procedemento rexistráronse cinco alegacións, aínda que sinalou que non é posible anticipar cantas se presentarán nesta nova fase. Unha vez analizadas e respondidas todas as achegas recibidas, o Concello estará en disposición de remitir a solicitude ao Instituto Galego de Vivenda e Solo, organismo dependente da Xunta de Galicia, que deberá emitir o correspondente informe previo antes de trasladar o expediente ao Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana.

Lestegás tamén informou de que o pasado luns presidiu a mesa sectorial de vivenda, integrada por máis dunha decena de entidades, que se encargou de revisar e analizar a documentación técnica que agora se someterá a información pública. Este órgano de participación abordou o contido do expediente co obxectivo de avanzar no procedemento administrativo para a posible declaración de Santiago como zona de mercado residencial tensionado.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...