InicioSANTIAGOAMESAmes investiu máis de 393.000 euros na mellora das redes de auga,...

Ames investiu máis de 393.000 euros na mellora das redes de auga, saneamento e drenaxe ao longo de 2025

O Concello executa actuacións no Milladoiro e noutros puntos do municipio a través de Augas de Ames, con obras propias e contratación pública para reforzar o ciclo integral da auga

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, a través da súa entidade pública Augas de Ames EPEL, realizou ao longo de 2025 un investimento total de 393.082,34 euros en actuacións de mellora das redes de saneamento, drenaxe pluvial e abastecemento de auga no núcleo do O Milladoiro e no conxunto do termo municipal. As intervencións tiveron como finalidade reforzar a calidade, a seguridade e a fiabilidade dos servizos vinculados ao ciclo integral da auga.

No caso do Milladoiro, executáronse obras por un importe de 115.500 euros, desenvolvidas directamente con persoal propio de Augas de Ames. Entre as actuacións realizadas figuran a corrección de conexións incorrectas de baixantes pluviais, a renovación de tramos deteriorados da rede de saneamento, melloras na rede de abastecemento mediante a instalación de novas válvulas e cruces de rede, así como a colocación de bocas de rega na zona humanizada da N-550. Estas intervencións permitiron reducir o risco de inundacións, optimizar o funcionamento das redes e facilitar o mantemento dos espazos públicos.

O alcalde de Ames e presidente da entidade pública, Blas García, sinalou que a creación da empresa pública responde á vontade de reinvestir no propio concello os recursos xerados polo servizo da auga. “Este importe que Augas de Ames vén de destinar a estas actuacións sería parte do beneficio dunha empresa privada se non houbésemos municipalizado esta prestación”, indicou, avanzando que a seguinte actuación prevista será a desconexión do Milladoiro da rede de abastecemento de Santiago e a súa conexión á de Ames, o que permitirá un aforro estimado de arredor de 40.000 euros mensuais.

No mesmo senso pronunciouse o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, quen destacou que as melloras introducidas supoñen un avance relevante para o principal núcleo de poboación do municipio. Segundo explicou, coa rede antiga “ante calquera incidencia era necesario cortar a auga en todo o Milladoiro”, mentres que coa nova configuración é posible sectorizar o sistema, minimizar o impacto das avarías e reducir as molestias á veciñanza.

Ademais das actuacións con medios propios, o Concello de Ames realizou durante 2025 contratacións públicas por valor de 277.582,34 euros para investimentos na rede. Deste importe, 203.354,35 euros corresponderon a actuacións executadas mediante contratos menores, mentres que 74.227,99 euros financiaron unha obra realizada por licitación pública no núcleo de Ventín.

Ao longo do ano leváronse a cabo reparacións e substitucións de colectores de saneamento e pluviais, a instalación de novos sumidoiros e distintas melloras na drenaxe urbana en varios puntos do municipio. Especial relevancia tivo a actuación desenvolvida en Ventín, onde se instalou unha tubaxe de pluviais de gran diámetro que mellora de forma significativa a evacuación das augas de choiva e contribúe a reducir episodios de inundación, cun impacto positivo tanto para a veciñanza como para a contorna do colexio da zona.

Dende Augas de Ames, a súa xerente, Genma Otero, subliñou que “este investimento supón unha actuación estratéxica que contribúe a consolidar un sistema de saneamento e abastecemento máis eficiente, sustentable e preparado para dar resposta ás necesidades actuais e futuras do municipio”.

ÚLTIMAS

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here