InicioDEPORTESO Compos incorpora a David Rosón para reforzar o centro do campo

O Compos incorpora a David Rosón para reforzar o centro do campo

O mediocentro lucense chega procedente do CD Lugo e asina ata final de tempada con opción a unha máis

Publicado o

Xornal de Compostela

A SD Compostela anunciou a incorporación do lucense David Rosón Fernández como novo xogador do primeiro equipo. O mediocentro chega procedente do CD Lugo, entidade á que estivo vencellado desde idade infantil, e asinou un contrato ata o remate da presente tempada, con opción de continuidade por unha campaña máis.

Rosón reforza a medular do conxunto compostelán cun perfil de centrocampista de percorrido, capacidade para a asociación e bo manexo do balón. Aínda que o seu rol habitual é o dun ‘8’, tamén pode actuar en posicións máis retrasadas na base da xogada, unha polivalencia que lle permite adaptarse a diferentes contextos tácticos.

Na primeira metade da tempada actual, o futbolista lucense formou parte do cadro do CD Lugo en Primeira Federación, chegando a participar nun encontro oficial de Liga. Ese foi o seu último capítulo no club no que se formou desde os 12 anos, tras ir superando categorías ata alcanzar o primeiro equipo.

O seu debut como xogador sénior produciuse na tempada 2022/23, cando con 19 anos se converteu nunha peza fixa do filial lucense en Segunda Federación. Naquel curso disputou 33 partidos e asinou dous goles. A súa continuidade como titular mantívose na campaña seguinte en Terceira RFEF, con 32 encontros e tres tantos, rendemento que lle abriu as portas do primeiro equipo, co que chegou a disputar dous partidos oficiais en Primeira RFEF.

Á súa traxectoria en Lugo súmase tamén unha cesión ao Don Benito a pasada tempada, onde tivo un papel destacado en Segunda Federación, con 26 partidos, dous goles e tres asistencias, acumulando minutos e experiencia en categoría nacional.

David Rosón incorpórase agora ao Compos coa intención de recuperar o seu mellor nivel competitivo e contribuír aos obxectivos deportivos do equipo nesta segunda parte do curso. O xogador xa se suma aos adestramentos e, se así o estima o corpo técnico, podería estar dispoñible para debutar este domingo no estadio Vero Boquete, diante da afección compostelá.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here