InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames colabora no Campus de Nadal de Nuria Rábano...

O Concello de Ames colabora no Campus de Nadal de Nuria Rábano no Milladoiro

A primeira edición do campus reuniu durante cinco días a 20 rapaces e rapazas no campo municipal de fútbol, cun programa de adestramentos técnicos, multideporte e actividades de convivencia

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, participou na organización do Campus de Nadal de Nuria Rábano, desenvolvido no campo municipal de fútbol do Milladoiro entre os días 26 e 30 de decembro. A actividade reuniu a 20 rapaces e rapazas, que ao longo de cinco xornadas combinaron adestramentos técnicos con propostas de convivencia e multideporte.

O campus estivo dirixido por Nuria Rábano, que compartiu as sesións técnicas co alumnado xunto ao equipo de adestradores de Koben Sports, empresa responsable da organización. En total impartíronse máis de 16 horas de adestramento, ás que se sumou unha hora diaria de multideporte, co obxectivo de complementar a formación deportiva e promover hábitos saudables durante as vacacións de Nadal.

A xornada final incluíu un acto de clausura no que participaron a concelleira de Deportes, Susana Señorís, e o técnico municipal Iván Sanmartín. Nese peche, as persoas participantes recibiron os diplomas acreditativos e tomaron parte nun sorteo de agasallos, con material deportivo achegado pola propia Nuria Rábano e polos futbolistas convidados Hugo Rama e Dani Iglesias, ademais de artigos propios do campus como gorras ou botellas.

Precisamente, a última sesión contou cunha xornada especial de adestramento compartido con Hugo Rama, ex-xogador do R.C. Deportivo da Coruña, e con Dani Iglesias, actualmente no Sepsi OSK Sf. Gheorghe de Romanía, unha experiencia que permitiu ao grupo coñecer de primeira man diferentes traxectorias no fútbol profesional.

Durante o acto de clausura, a concelleira Susana Señorís destacou a acollida da iniciativa entre as familias e o alumnado participante e agradeceu a implicación da futbolista amesá na posta en marcha do campus. Segundo sinalou, “dende o Concello agardamos seguir colaborando en futuras edicións deste campus, xa que este tipo de actividades fomentan a práctica deportiva, pero ademais achega moitos valores. É unha boa forma de pasar as mañás das vacacións de Nadal”.

Cada participante contou cun kit de adestramento, seguro de accidentes e almorzo diario, nunha proposta que combina formación deportiva, igualdade e conciliación durante o período non lectivo.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Pedro Blanco inicia unha rolda polos barrios de Santiago para elaborar propostas coa veciñanza

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, iniciou este martes '#ConversasDeBarrio', unha...

Verea comprométese a reducir a 30 días o pagamento aos provedores no primeiro ano de mandato

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, volveu situar os prazos de...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here