InicioSANTIAGOAMESTodo preparado en Ames para gozar da festa de Fin de Ano

Todo preparado en Ames para gozar da festa de Fin de Ano

A praza do Concello acollerá dende a mañá a celebración anticipada do ano novo, á que se suman este ano O Tardeo e a Festa de Fin de Ano no pavillón de Bertamiráns

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organiza este mércores, 31 de decembro, unha nova edición das prebadaladas, unha cita xa consolidada dentro da programación do Nadal en Ames e que volverá reunir na praza do Concello a veciñanza de todas as idades para despedir o ano de maneira anticipada.

O evento, que se celebra de forma ininterrompida desde o ano 2019, dará comezo ás 11:30 co reparto das bolsas de cotillón. En total, distribuiranse 1.200 bolsas, das cales 600 estarán destinadas a persoas adultas e outras 600 a público infantil. As bolsas para adultos incluirán, entre outros elementos, un vaso do Concello, un quinto de cervexa e froita, mentres que as dirixidas á cativada contarán tamén con leite, uvas de chuches e material festivo.

As prebadaladas estarán conducidas un ano máis pola artista Fátima Pego e contarán coa actuación musical do grupo galego The Crooners Band, un quinteto que interpreta versións de bandas internacionais como Pink Floyd, Toto ou U2. Durante a mañá tamén subirán ao escenario as persoas gañadoras do concurso ‘Baila con Ames 2025’, entre elas Alba Mourelle, Andrés Parga, Soraya Santos e a A&M Salsa Company.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, animou á participación da veciñanza para “despedir o 2025 por adiantado e celebrar todos xuntos a entrada do novo ano nun acto divertido, familiar e cada vez máis accesible”, ao tempo que subliñou a importancia destas actividades “para dinamizar o comercio e a hostalaría local”.

APOSTA POLA ACCESIBILIDADE

Por segundo ano consecutivo, a organización volverá poñer á disposición do público o servizo de mochilas vibratorias para persoas con discapacidade auditiva. Estes dispositivos, achegados pola cooperativa Mada producións, permiten sentir a música a través da vibración e tamén son compatibles con implantes cocleares e audiófonos en posición T. Ademais, o evento contará cun intérprete de lingua de signos, co obxectivo de garantir unha experiencia inclusiva.

TARDEO E FESTA DE FIN DE ANO

A programación do 31 de decembro complétase este ano con dúas novas propostas. Pola tarde, entre as 17:00 e as 21:00, celebrarase O Tardeo na praza do Concello de Bertamiráns, unha iniciativa pensada para todos os públicos que contará con música a cargo de DJ Wana do Milladoiro e cun servizo de barra atendido por establecementos hostaleiros do municipio.

Xa de madrugada, tras as badaladas, terá lugar a Festa de Fin de Ano no pavillón polideportivo de Bertamiráns, entre a 01:00 e as 08:00. A cita contará cunha participación máxima de 870 persoas e ofrecerá servizo especial de autobuses, con dúas liñas que conectarán O Milladoiro e distintas parroquias do rural, co obxectivo de facilitar os desprazamentos e promover unha celebración segura sen saír do concello.

Desde o Concello recoméndase prestar atención á información práctica da xornada, xa que non estará permitido o acceso de vehículos ao estacionamento do pavillón, habilitándose zonas próximas para o aparcamento de coches particulares.

ÚLTIMAS

Saleta Chao toma posesión como concelleira de Facenda de Santiago

Saleta Chao Rivas (BNG) incorpórase dende hoxe á Corporación municipal de Santiago de Compostela...

O pleno aproba unha moción do PP para reforzar o control do servizo de axuda no fogar e mellorar as condicións das traballadoras

O Pleno do Concello aprobou este luns unha proposición presentada polo Partido Popular para...

O PSdeG denuncia que dous alumnos do CEE A Barcia non poden asistir ás clases por falta de transporte adaptado

O secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, denunciou este...

As non adscritas apoian a ILP Lingua Vital e levarán ao Pleno de Santiago unha moción para defender o galego

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago formalizaron o seu apoio á Iniciativa Lexislativa...

O alcalde de Ames pide a dimisión do ministro de Transportes tras o accidente ferroviario de Urda

O alcalde de Ames, o socialista Blas García, reclamou a dimisión do ministro de...

Detida unha veciña do Milladoiro por estafar presuntamente varias persoas co alugueiro dun piso que non podía subarrendar

A Garda Civil detivo unha muller residente no Milladoiro como presunta responsable dun delito...

O Pleno de Ames debaterá este xoves modificacións orzamentarias por máis de 1,75 millóns de euros

O Concello de Ames celebrará este xoves o pleno ordinario correspondente ao mes de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here