InicioPOLÍTICAMarta Abal acusa á oposición de manter unha postura “obstrucionista” no debate...

Marta Abal acusa á oposición de manter unha postura “obstrucionista” no debate do REC

O PSOE defende no pleno o pago das facturas para non prexudicar aos provedores municipais

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do PSOE no Concello de Santiago de Compostela, Marta Abal, centrou a súa intervención no pleno extraordinario deste luns na defensa do voto favorable do seu grupo aos recoñecementos extraxudiciais de crédito, apelando á responsabilidade institucional e á necesidade de evitar danos ás empresas que traballan para a administración local.

Segundo expuxo, os socialistas manteñen desde hai meses unha posición clara neste asunto, ao considerar que non se pode “dar unha bofetada ao Goberno na cara das proveedoras e proveedores do Concello de Santiago de Compostela”. Nesa liña, Abal explicou que o apoio do PSOE responde á coherencia coa actuación desenvolvida desde o inicio do mandato e á vontade de garantir o cobro de servizos xa prestados.

A edil subliñou que nos expedientes sometidos á consideración do pleno queda acreditado que “as prestacións se realizaron efectivamente, foron recibidas e constan conformadas por parte das técnicas e técnicos municipais”, polo que, ao seu xuízo, non existen dúbidas sobre a realidade dos traballos nin sobre a obriga de pagamento por parte do Concello.

Fronte a isto, Marta Abal cuestionou o posicionamento do resto da oposición, ao que cualificou de “obstrucionista”, e advertiu de que esta actitude non ten efectos sobre o goberno municipal, senón que repercute directamente nas empresas provedoras e, en última instancia, no conxunto da cidadanía compostelá. A concelleira insistiu en que atrasar ou bloquear estes pagamentos supón prolongar unha situación que afecta á normalidade na relación entre o Concello e o seu tecido empresarial.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

O Concello presiona a adxudicataria para reactivar as obras da rúa García Lorca

O Concello de Santiago manterá a presión sobre a empresa responsable das obras da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here