InicioSUCESOSFalece unha muller nonaxenaria tras sufrir unha caída na rúa dos Concheiros

Falece unha muller nonaxenaria tras sufrir unha caída na rúa dos Concheiros

O suceso produciuse arredor das 11:30, cando a vítima caeu mentres camiñaba pola beirarrúa e golpeou na cabeza

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha muller de idade avanzada faleceu na mañá deste domingo tras sufrir unha caída na vía pública en Santiago de Compostela, concretamente na rúa das Concheiros.

Segundo informaron fontes municipais, o suceso tivo lugar arredor das 11:30, cando a muller, de máis de noventa anos, caeu mentres camiñaba pola beirarrúa, sufrindo un golpe na cabeza como consecuencia da caída.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como axentes da Policía Nacional e da Policía Local, que interviñeron na atención da emerxencia. A pesar da rápida mobilización dos servizos sanitarios, non foi posible salvarlle a vida.

As circunstancias concretas da caída non trascenderon por agora e non se informou da existencia de terceiros implicados no suceso.

ÚLTIMAS

Ferroglobe solicita ampliar un 30% a mina de Serrabal entre Vedra e Boqueixón

Ferroglobe, a antiga Ferroatlántica, iniciou os trámites para ampliar a superficie da mina de...

Santiago expón o seu modelo urbano ante unha delegación da Academia China de Ciencias Sociais

O modelo de cidade de Santiago de Compostela centrou este xoves unha reunión entre...

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

A luz queda restablecida no centro de Santiago tras unha avaría que afectou a uns 200 usuarios

A subministración eléctrica quedou completamente restablecida este venres no centro de Santiago despois dunha...

Dous feridos logo de envorcar o seu vehículo e quedar atrapadas no seu interior en Santiago

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nun accidente no coche co que circulaban por...

Catro menores feridos nunha colisión frontal en Teo

Catro menores de idade resultaron feridos de diversa consideración na tarde deste xoves tras...